Bandeira do Perú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Perú
Bandeira do Perú
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción25 de febreiro de 1825
Cores     Vermello     Branco

A bandeira do Perú consta de tres franxas verticais de igual anchura, sendo as bandas extremas de cor vermella e a central de cor branca.[1] Ten tres versións diferentes para usos distintos, cada cal cunha denominación oficial; o Estado peruano usa as variantes coñecidas como o Pavillón Nacional e a Bandeira de Guerra, que inclúen o escudo nacional con acompañantes distintos.

Antes do 28 de xullo de 1821, día da declaración da Independencia do Perú, as tropas peruanas independentistas usaron bandeiras para diferenciarse doutras forzas militares. Estas bandeiras foron usadas por Guillermo Miller e Francisco Antonio de Zela en Tacna.

O 7 de xuño celébrase o día da bandeira, co gallo do aniversario da Batalla de Arica e o 28 de agosto a Procesión da Bandeira na cidade de Tacna.

Variantes[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. "Bandeira". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022.