Bandeira de Panamá
Aparencia
| Bandeira de Panamá | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 4 de novembro de 1904 |
| Cores | Vermello Branco Azul |
A bandeira de Panamá consiste nun rectángulo dividido en catro cuarteis: o superior esquerdo é unha estrela azul de cinco puntas sobre fondo branco; o superior dereito é de cor vermella; o inferior esquerdo é de cor azul, e o inferior dereito é unha estrela vermella de cinco puntas sobre fondo branco. Representa aos partidos Liberal (a cor vermella) e Conservador (a cor azul). O branco simboliza a paz á que chegaron ambos os dous partidos e as estrelas sinalan a rectitude e forza do país.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Bandeira do Reino de España, oficial no territorio panameño ata o 28 de novembro de 1821
- Bandeira do Estado Soberano de Panamá
- Deseño presentado por Phillipe Bunau-Varilla e rexeitado unanimemente
- Deseño orixinal da bandeira, segundo Manuel E. Amador
- Bandeira actual da República de Panamá: xurdiu da modificación do primeiro modelo