Bandeira de Haití

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Haití
Bandeira de Haití
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción25 de febreiro de 1986
Cores     Azul     Vermello

A bandeira de Haití foi adoptada oficialmente o 25 de febreiro de 1986, pero o seu deseño remóntase a comezos do século XIX, cando foi usada pola República de Haití baixo o presidente Alexandre Pétion en 1806.[1]. É unha bandeira composta por dúas franxas horizontais, do mesmo tamaño, de cor azul (a superior) e vermella (a inferior). No centro da mesma figura, dentro dun rectángulo de cor branco, o escudo nacional. A bandeira de uso civil carece de escudo.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Dise que a bandeira foi creada durante a rebelión contra os franceses. Os rebeldes tomaron a bandeira de Francia e quitáronlle a franxa branca do centro, en sinal de que expulsaran ós brancos, aparecendo así a bandeira haitiana.

Durante os Xogos Olímpicos de 1936 observouse que a bandeira de Haití era igual á bandeira de Liechtenstein, razón pola cal esta última agregou a imaxe dunha coroa na parte superior esquerda.[2]

Entre 1964 e 1986, período de ditadura da familia Duvalier, a bandeira foi modificada por un deseño de cores verticais negro e vermello, conservando o escudo nacional no centro.

Foi readoptada de novo polo artigo 3 da Constitución actual de Haití[3] o 25 de febreiro de 2012.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beauvoir, Max G. "Colors of the Flags." Consultado o 11 de febreiro de 2011.
  2. 2,0 2,1 CIA- The World Factbook. Liechtenstein- Flag Description Arquivado 16 de setembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 19 de agosto de 2012.
  3. Haiti culture (ed.). "De la République d'Haïtí son embléme - Ses symboles" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]