Bandeira de Porto Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Porto Rico
Bandeira de Porto Rico
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1952
Cores     Azul     Branco     Vermello

A bandeira de Porto Rico consiste en cinco franxas horizontais, tres vermellas e dúas brancas alternadas, e superposto sobre as franxas un triángulo equilátero azul, un de cuxos lados forma o extremo da bandeira a carón do mastro. A cor do triángulo é azul. Sobre o triángulo vai superposta unha estrela branca de cinco puntas, colocada de tal xeito que unha das súas puntas sinala cara a arriba.

A bandeira deseñouse durante a última década do século XIX como insignia dos separatistas portorriqueños residentes na cidade de Nova York. A identidade do autor do deseño foi motivo de debate, mencionándose entre os seus posibles autores ós patriotas portorriqueños José de la Matta Terreforte, Antonio Vélez Alvarado, Manuel Besosa e o poeta guerrilleiro Francisco Gonzalo (Pachín) Marín. Porén, unha carta do 20 de maio de 1923, escrita por Terreforte establece que foi Pachín Marín quen lle propuxo a Terreforte dende Xamaica o deseño da bandeira.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Bandeiras históricas ondeadas en Porto Rico
Cruz de Borgoña, bandeira do imperio español Bandeira revolucionaria de Lares, 1868 Bandeira española colonial (1873–1875)
Bandeira da Guerra hispano americana
Bandeira do Batallón Provisional No. 3 de Porto Rico
Bandeira americana de 45 estrelas Bandeira orixinal de Porto Rico deseñada en 1892

Bandeiras dos municipios[editar | editar a fonte]

Bandeiras dos municipios de Porto Rico
Adjuntas Aguada Aguadilla Aguas Buenas Aibonito Añasco
Arecibo Arroyo Barceloneta Barranquitas Bayamón Cabo Rojo
Caguas Camuy Canóvanas Cataño Carolina Cayey
Ceiba Ciales Cidra Coamo Comerio Corozal
Culebra Dorado Fajardo Florida Guánica Guayama
Guayanilla Guaynabo Gurabo Hatillo Hormigueros Humacao
Isabela Jayuya Juana Díaz Juncos Lajas Lares
Las Marias Las Piedras Loíza Luquillo Manatí Maricao
Maunabo Mayagüez Moca Morovis Naguabo Naranjito
Orocovis Patillas Peñuelas Ponce Quebradillas Rincón
Rio Grande Sabana Grande Salinas San Germán San Juan San Lorenzo
San Sebastián Santa Isabel Toa Alta Toa Baja Trujillo Alto Utuado
Vega Alta Vega Baja Vieques Villalba Yabucoa Yauco

Bandeiras políticas de Porto Rico[editar | editar a fonte]

Bandeiras políticas de Porto Rico
Partido Nacionalista Portorriqueño
fundado en 1922
Partido Independentista Portorriqueño
fundado en 1946
Partido Novo Progresista de Porto Rico
fundado en 1967

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]