Bandeira de Honduras
| Bandeira de Honduras | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 1:2 |
| Adopción | 1839 (deseño orixinal) 26 de xaneiro de 1949 (deseño actual) 27 de xaneiro de 2026 (uso actual) |
| Cores | Azul Branco |
A bandeira de Honduras foi creada o 16 de febreiro de 1866, sendo Presidente da República José María Medina. Está baseada na que pertenceu ás Provincias Unidas do Centro de América.[1] Consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrelas azuis que simbolizan os cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1823, Honduras uniuse ás Provincias Unidas de Centroamérica e adoptou a súa bandeira. Continuou usando unha tribanda lisa azul e branca despois da disolución da unión en 1838. O 7 de marzo de 1866 colocáronse cinco estrelas azuis na bandeira para representar as cinco provincias orixinais de Centroamérica: O Salvador, Costa Rica, Nicaragua, Honduras e Guatemala.[2] O tamaño e a posición das estrelas fixáronse oficialmente cando o deseño foi estandarizado o 18 de xaneiro de 1949.
O decreto de 1949 especificaba que as raias debían ser turquesas, mais na práctica a bandeira permaneceu azul cerúleo durante as seguintes sete décadas. O goberno hondureño só comezou a ondear bandeiras turquesas despois da toma de posesión da presidenta Xiomara Castro o 27 de xaneiro de 2022.[3]
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Pavillón do Imperio de México 1821-1823
- 1823-1824
- 1824-1839
- 1839-1866
- 1866-1898
- 1866-1898 Alternativa
- 1898-1949
- 1949-2022
- Versión de 2022-2026
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print.
- ↑ Znamierowski, Alfred. The World Encyclopedia of Flags. Italy: Lorenz Books, 1999. 201. Print.
- ↑ "Xiomara Castro: los símbolos que marcaron su histórica toma de posesión como primera presidenta de Honduras". BBC News Mundo. 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2022.