Bandeira de Costa Rica
Bandeira de Costa Rica | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 29 de setembro de 1848 |
Cores | Azul Vermello Branco |
A bandeira de Costa Rica foi creada o 29 de setembro de 1848 xunto co Escudo Nacional. A tradición establece que a concepción e deseño da actual bandeira, vixente dende ese ano, correspondeu a Doña Pacífica Fernández Oreamuno, esposa do daquela Xefe de Estado, José María Castro Madriz, inspirada na Bandeira de Francia.
A bandeira é tricolor por medio de cinco franxas colocadas horizontalmente, unha vermella no centro comprendida entre dúas brancas, a cada unha das cales segue unha azul. O ancho de cada franxa é a sexta parte do da bandeira, agás a vermella que é de dous sextos.
O Pavillón Nacional diferénciase porque no centro da banda vermella leva bordado sobre fondo branco o Escudo Nacional.
As cores representan:
- Azul, o ceo que cobre Costa Rica.
- Branco, a bondade de paz .
- Vermello, O traballo, o labor cotián, segundo está escrito no Himno Nacional e no Saúdo á Bandeira.
As franxas están nunha proporción 1:1:2:1:1.
Outras bandeiras[editar | editar a fonte]
Pavillón do Primeiro Imperio Mexicano (1821-1823)
Terceira bandeira de Costa Rica[1]
(6 de junio de 1823 al
4 de marzo de 1824)