Assurbanipal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Asurbanipal»)
Assurbanipal
Nacemento685 a. C.
Lugar de nacementoNínive
Falecemento631 a. C.
Lugar de falecementoNínive
NacionalidadeAsiria
Ocupaciónmonarca e coleccionador de livros
PaiAssaradão
NaiEsar-Hamate
CónxuxeLibali-Sarrate
FillosAssuretililani e Sinsariscum
IrmánsSamas-suma-uquin e Serua-eterat
editar datos en Wikidata ]
Relevo de Assurbanipal cazando (Museo Británico de Londres)

Assurbanipal (en acadio Aššur-bāni-apli; siríaco "ܐܵܫܘܿܪ ܒܵܢܝܼ ܐܵܦܠܝܼ"; "Assur é o creador do seu herdeiro")[1] nado no -685 e finado no -627[2], foi rei de Asiria dende o ano -669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápalo e na Biblia é coñecido como Osnapper.

Fillo de Asarhaddon, sucedeuno no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Vitorias militares[editar | editar a fonte]

Assurbanipal derrotou ao imperio de Elam, destruíu Susa (-639) e volveu coa cabeza do seu rei Teumman que, ao parecer, se suicidara na batalla do río Ulaia. Isto provocou a desesperación dos embaixadores deste (un arrincouse a barba e outro suicidouse). A cabeza de Teumman luciu tétrica nas portas de Nínive.

Puxo reis monicreques en Madaktu e Hidalu.Realizou existosas campañas militares sobre Exipto, derrotou ao faraón Taharqa en Menfis e combateu ata a completa dominación do país.

O seu irmán rebelouse coa axuda de caldeos, amorreos e gutis. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión, masacre incluída, pero sen destruír a cidade.

Legado cultural[editar | editar a fonte]

Assurbanipal gabábase de saber ler e escribir, e parece ser que dominou varios idiomas (sumerio e acadio)

Durante o seu reinado floreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o período. Mais onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi na biblioteca de Nínive con máis de 22.000 taboíñas de arxila en escritura cuneiforme con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais, dicionarios de acadio, sumerio etc. sistematicamente ordenadas. Salienta o relato de Gilgamesh

O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun, presas da mutua rivalidade, conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bienkowski & Millard (2010), p. 36
  2. "The Assyrian Kings List". aina.org (en inglés). Consultado o 5-8-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bienkowski, Piotr; Millard, Alan, eds. (2010). Dictionary of the Ancient Near East (en inglés). Filadelfia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0812221152.