Ctesias
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século V a. C. Cnido, Turquía |
| Morte | século IV a. C. Cnido, Turquía |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Anatolia Asia Minor (en) |
| Ocupación | médico, escritor, historiador, indólogo |
| Período | Antigüidade clásica |
| Período de actividade | século V a. C. |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru The Nuttall Encyclopædia >>>:Ctesias Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ctesias, nado en Cnido no século -V e finado no século -IV, foi un historiador grego e médico de Artaxerxes Mnemón na corte de Persia. Acompañouno na súa expedición do ano -401 contra o seu irmán Ciro o Xove.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o autor dunha Historia de Persia, ou Pérsica en 23 libros en dialecto xónico desde as orixes até o -389 seguindo o modelo de Heródoto, mais introducindo elementos novelescos. Consérvase un fragmento extenso en papiro, así como un resumo de Focio (século IX) e fragmentos reproducidos por Plutarco e Diodoro Sículo. Redactou tamén tratados sobre os ríos e sobre a economía persa, e unha descrición da India.
Os primeiros seis libros da Pérsica tratan da historia de Asiria e Babilonia até a fundación do Imperio Persa. Escribiunos en oposición a Herodoto e hoxe estímase que non son moi veraces.