Río Éufrates
| (tr) Fırat (ar) الفرات | ||||
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | Asia | |||
| País da cunca | Turquía, Siria e Iraq | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Baçorá, Iraq (pt) | |||
| Localización | Chatt al-Arab (pt) | |||
| ||||
| Afluentes | 20 | |||
| Conca hidrográfica | Persian Gulf Basin (en) | |||
| Características | ||||
| Dimensións | 2.800 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 673.000 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 818 m³/s | |||

O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.
O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Éufrates |
