Saltar ao contido

Auriga (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auriga
Auriga
Nome latino Auriga
Abreviatura Aur
Xenitivo Aurigae
Simboloxía O condutor da Carroza
Ascensión recta 6 h
Declinación +40°
Área 657 graos cadrados

Rango 21°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Capella (estrela)

(magnitude ap. 0.08)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro

Auriga ou Cocheiro[1] é unha constelación do hemisferio norte. A súa localización é bastante sinxela: basta con mirar por riba de Orión. Vese un pentágono de estrelas brillantes, entre as que destaca Capella (α Aurigae).

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
  • M36, cúmulo aberto de polo menos 60 estrelas reunidas nunha área compacta. AR: 05h 36m 06.0s Dec: +34°08'00" (Época 2000).
  • M37, cúmulo aberto que contén ó redor de 150 estrelas. AR: 05h 52m 24.0s Dec: +32°33'00" (Época 2000).
  • M38, cúmulo aberto, ó noroeste de M36. AR: 05h 28m 42.0s Dec: +35°50'00" (Época 2000).
  • NGC 1664, cúmulo aberto de 30-40 estrelas no límite coa constelación de Pegasus.

Visualización gráfica

[editar | editar a fonte]

As estrelas da constelación de Auriga poden ser conectadas dunha forma alternativa, a cal amosa graficamente á cabeza do auriga levando un pucho e mirando cara Perseus.

Diagrama da forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Auriga.

As estrelas α Aur (Capella), β Aur, θ Aur, ι Aur, e ε Aur forman a cabeza do auriga: con α Aur de magnitude cero, β Aur con magnitude dúas, e o resto con magnitude tres. Star α Aur pode ser vista coma o ollo do auriga, onde a estrela ι Aur representa o queixo.

As estrelas β Aur, δ Aur, e α Aur forman o pucho do auriga, con δ Aur na punta do pucho. Finalmente, as estrelas α Aur, ε Aur, ζ Aur, e η Aur forman o nariz: sendo η Aur de terceira magnitude.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Imaxe da constelación de Auriga ou Cocheiro.

Esta constelación ten varias versións da súa orixe na mitoloxía grega:

Nunha, tratase de Mirtilo, fillo de Hermes e de Fetusa, cocheiro de Enómao. A filla deste último, Hipodamia, tiña moitos pretendentes pero o seu pai, para desfacerse deles, retábaos a unha carreira de carros. O que non sabían os seus contrincantes era que os seus cabalos eran divinos e sempre gañaban. O castigo pola derrota era a morte. Un día presentouse Pélope, de quen Hipodamia namorouse inmediatamente, e xuntos subornaron a Mirtilo para que perdera a carreira. O auriga cambiou os cravos de ferro do carro do rei por uns de cera, de forma que durante a carreira estes soltáronse e o carro quedou desfeito. No accidente Enómao morreu arrastrado polos cabalos. Despois da vitoria, Pélope matou a Mirtilo ó tiralo no mar e o auriga na súa caída maldiciu á raza de Pélope. Hermes púxoo no firmamento.

Outra versión relata que representa a Erictonio, nado do seme de Hefesto que fecundou a Xea cando tentou violar a Atenea. O neno foi educado por Atenea, inventou a cuadriga e foi catasterizado nesta constelación [2].

Noutras versións identificábase esta constelación con Tróquilo, Enómao, Belerofonte, Cilas ou Hipólito.

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. Robert Graves, px. 112

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]