IC 405
Aparencia
IC 405 | |
---|---|
Imaxe da Nebulosa da Estrela Chameante que amosa o fume da nebulosa de reflexión. | |
Datos para a observación | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de reflexión/emisión |
Ascensión recta | 05h 16m 05s[1] |
Declinación | +34° 27′ 49″[1] |
Distancia | ~1.500 al[1] |
Magnitude aparente | 6,0? |
Dimensións aparentes | 37′ × 19′[1] |
Constelación de | Auriga |
Características físicas | |
Radio | 2,5 al[2] |
Magnitude absoluta | ? |
Outras designacións | Nebulosa da Estrela Chameante, Caldwell 31, Sharpless 229 |
IC 405 (tamén coñecida coma a Nebulosa da Estrela Chameante, SH 2-229, ou Caldwell 31) é unha nebulosa de emisión/reflexión[2] da constelación de Auriga, que rodea a estrela azulada AE Aurigae. Ten unha magnitude de 6,0 e está nas coordenadas RA 05h 16m 05s e DEC +34° 27′ 49″.[1] Está nebulosa queda moi preto dos cúmulos estelares M38 e M36, así coma da nebulosa de emisión IC 410 e da estrela Hassaleh, a cal é unha estrela de clase-K visible a simple vista. A nebulosa ten un tamaño aparente de 37,0' x 19,0', cun radio estimado en 5 anos luz, e está a uns 1.500 anos luz de distancia.[1] Pénsase que o movemento propio da estrela central nos pode retrotraer cara ao cinto de Orión.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- Pasachoff, Jay M. (2000). "Atlas of the Sky". En Peterson Field Guides. Stars and Planets. New York, NY. pp. 578 pg. ISBN 0-395-93432-X.
- Eicher, David J. (1988). AstroMedia (Kalmbach Publishing Company), ed. The Universe from Your Backyard: A Guide to Deep-Sky Objects from Astronomy Magazine. ISBN 0-521-36299-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- SIMBAD Data: IC405 - Radio Source (en inglés)
- NED Data: IC 0405 (en inglés)
- "IC 405". SEDS, NGC Catalog Online. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 17 de maio de 2012.(en inglés)
- IC 405 on WikiSky: DSS2, SDSS, GALEX, IRAS, Hydrogen α, X-Ray, Astrophoto, Sky Map, Artigos e imaxes