De'Andre Hunter
Atlanta Hawks – No. 12 | |
Posición | Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de decembro de 1997 (26 anos) Filadelfia, Pensilvania |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 100 kg (221 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Friends' Central School (Wynnewood, Pensilvania) |
Universidade | Virginia (2017–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Los Angeles Lakers |
Carreira | desde 2019 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (2019–presente) |
De'Andre James Hunter, nado o 2 de decembro de 1997 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 20 de xuño de 2019, Hunter foi elixido na cuarta posición do Draft da NBA de 2019 polos Los Angeles Lakers, e os seus dereitos foron traspasados ós New Orleans Pelicans no traspaso que mandou a Anthony Davis ós Lakers, e nese mesmo día foi traspasado de novo, desta vez ós Atlanta Hawks xunto a Solomon Hill, a cambio dos dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[1] Ese mesmo día, Hunter asinou cos Hawks.[2] Debutou na NBA cos Hawks o 24 de outubro de 2019, facendo 14 puntos na vitoria de Atlanta por 117–100 contra os Detroit Pistons.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pelicans acquire rights to Alexander-Walker, Hayes, Silva". NBA.com. 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Atlanta Hawks Sign De'Andre Hunter". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Trae Young has 38 points, Hawks beat Pistons 117-110". ESPN.com. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 06 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)