Dennis Schröder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dennis Schröder
Dennis Schroder 2015 cropped.jpg
Oklahoma City Thunder – No. 17
Base
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1993 (26 anos)
Baixa Saxonia Braunschweig, Baixa Saxonia
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 76 kg (168 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 17

Por Atlanta Hawks

Carreira dende 2010
Historial de equipos
Phantoms Braunschweig (2010–2013)
SG Braunschweig (2010–2013)
Atlanta Hawks (2013–2018)
Bakersfield Jam (2013)
Oklahoma City Thunder (2018–presente)
Información en nba.com

Dennis Schröder, nado o 15 de setembro de 1993 en Braunschweig, Baixa Saxonia, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Alemaña[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011-12, a súa segunda tempada profesional, xogou 30 partidos co Phantoms Braunschweig, acadando 2.3 puntos, 0.7 asistencias e 0.8 rebotes en 8 minutos por partido.[1]

Na tempada 2012-13 xogou 32 partidos co Phantoms Braunschweig, e fixo 12.0 puntos, 3.2 asistencias e 2.5 rebotes en 25 minutos por encontro.[2] Foi elixido xogador con maior progresión da liga, e mellor xogador novo de Alemaña.[3]

NBA[editar | editar a fonte]

O 27 de xuño de 2013, Schröder foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Atlanta Hawks. O 4 de decembro de 2013, foi asignado ós Bakersfield Jam da NBA D-League.[4] Foi chamado de volta polos Hawks o 16 de decembro de 2013.[5]

O 25 de xullo de 2018, Schröder foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Hawks e ós Philadelphia 76ers.[6] Debutou cos Thunder ó 16 de outubro de 2018, facendo 21 puntos, 9 rebotes e 6 asistencias na derrota por 100-108 contra os Golden State Warriors.[7]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013–14 Atlanta 49 13.1 .383 .238 .674 1.2 1.9 0.3 0.0 3.7
2014–15 Atlanta 77 19.7 .427 .351 .827 2.1 4.1 0.6 0.1 10.0
2015–16 Atlanta 80 20.3 .421 .322 .791 2.6 4.4 0.9 0.1 11.0
2016–17 Atlanta 79 31.5 .451 .340 .855 3.1 6.3 0.9 0.2 17.9
2017–18 Atlanta 67 31.0 .436 .290 .849 3.1 6.2 1.1 0.1 19.4
Total 352 23.7 .434 .320 .827 2.5 4.8 0.8 0.1 12.9

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014 Atlanta 2 3.5 1.000 1.000 .000 1.0 0.0 0.0 0.0 2.5
2015 Atlanta 16 18.1 .386 .235 .857 1.8 3.9 0.6 0.0 9.0
2016 Atlanta 10 19.1 .452 .343 .846 1.9 3.6 0.4 0.1 11.7
2017 Atlanta 6 35.2 .455 .425 .838 2.3 7.7 1.2 0.0 24.7
Total 34 20.6 .429 .345 .856 1.9 4.2 0.6 0.0 12.2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stats 2011-12". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  2. "Stats 2012-13". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  3. "Shooting Star Dennis Schröder ist der „Most Improved Player“ und der „Beste deutsche Nachwuchsspieler“". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  4. HAWKS ASSIGN DENNIS SCHRÖDER TO BAKERSFIELD JAM
  5. HAWKS RECALL DENNIS SCHRÖDER FROM BAKERSFIELD JAM, ASSIGN JARED CUNNINGHAM
  6. "Thunder Acquires Dennis Schröder and Timothé Luwawu-Cabarrot". NBA.com. 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  7. Efkarpides, George (17 de outubro de 2018). "Schroder shines in Thunder debut". Eurohoops. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]