Dejounte Murray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dejounte Murray
Atlanta Hawks – No. 5
Posición Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 19 de setembro de 1996 (27 anos)
Washington Seattle, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Instituto Rainier Beach (Seattle, Washington)
Universidade Washington (2015–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 29
Por San Antonio Spurs
Carreira desde 2016
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2016–2022)
Austin Spurs (2016–2017)
Atlanta Hawks (2022–presente)

Dejounte Dashaun Murray, nado o 19 de setembro de 1996 en Seattle, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2016, Murray foi escollido na 29ª posición do Draft da NBA de 2016 polos San Antonio Spurs.[1] O 14 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Spurs.[2] Debutou na NBA o 29 de outubro de 2016, na vitoria dos Spurs por 98–79 contra os New Orleans Pelicans.[3]

O 30 de xuño de 2022, Murray foi traspasado xunto a Jock Landale ós Atlanta Hawks, a cambio de Danilo Gallinari e varias eleccións da primeira rolda do Draft.[4] O 19 de outubro de 2022, debutou cos Hawks facendo 20 puntos, 11 asistencias, 5 rebotes e 5 roubos de balón na vitoria por 117–107 contra os Houston Rockets.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Spurs Select Dejounte Murray in First Round of 2016 NBA Draft". NBA.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  2. "San Antonio Signs First Round Draft Pick Dejounte Murray". NBA.com. 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  3. "Dejounte Murray 2016-17 Game Log". Basketball-Reference.com. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  4. "Atlanta Completes Trade with San Antonio Spurs; Acquires Dejounte Murray and Jock Landale in Exchange for Danilo Gallinari and Future First Round Draft Picks". NBA. Consultado o 30 de xuño de 2022. 
  5. Yapkowitz, David (19 de outubro de 2022). "Dejounte Murray drops epic Atlanta debut not seen in nearly 30 years". ClutchPoints. Consultado o 19 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]