Bob Houbregs
Bob Houbregs | |
---|---|
Posición | Ala-pivote |
Dorsal | 10, 14, 8, 20, 17 |
Altura | 2,00 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Nacemento | 12 de marzo de 1932 (92 anos) Vancouver, Canadá |
Carreira | |
Universidade | University of Washington |
NBA Draft | 1953 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Milwaukee Hawks |
Tempadas | 1953–1958 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 2 611 |
Rebotes | 1 552 |
Asistencias | 500 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Robert J. "Bob" Houbregs, nado o 12 de marzo de 1932 en Vancouver, Columbia Británica e finado o 28 de maio de 2014, foi un xogador profesional de baloncesto canadense que disputou cinco tempadas na NBA. Con 2,00 metros de estatura, xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, entre 1949 e 1953. Na súa última tempada foi elixido All-American tras levar ao seu equipo á Final Four e converterse no máximo anotador da mesma. Aínda mantén 10 récords da súa universidade, entre eles os de máis puntos nun partido, con 49. De feito é o autor do tres mellores rexistros da historia dos Huskies, anotando tamén 45 e 42.[1] Nas súas catro tempadas fixo 19,5 puntos e 10,7 rebotes por partido.[2]
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi seleccionado na segunda posición do Draft da NBA de 1953 por Milwaukee Hawks, pero inmediatamente fichou por Baltimore Bullets, fichando ao ano seguinte tras a desaparición do equipo por Fort Wayne Pistons, cos que chegou ás Finais da NBA en 1956, caendo ante Philadelphia Warriors por 4-1.[3]
Na tempada 1957-58 o equipo trasládase a Detroit, onde tan só xogaría 17 partidos, xa que unha grave lesión obrigoulle a deixar o baloncesto.[1] Nas súas cinco tempadas fixo 9,3 puntos e 5,5 rebotes por partido. En 1987 foi incluído no Basketball Hall of Fame, e en 2000 no seu homónimo canadense.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Where Are They Now: Bob Houbregs
- ↑ Ficha de Houbregs en TDR
- ↑ "1955-56 Fort Wayne Pistons". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 07 de abril de 2010.
- ↑ Houbregs named to Canadian Basketball Hall
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estadísticas de Houbregs Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Estadísticas de Houbreg
- Páxina de Houbregs na web do Hall of Fame
- Nados en 1932
- Nados en Vancouver
- Xogadores de baloncesto do Canadá
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Hawks
- Xogadores dos Milwaukee Hawks
- Xogadores dos Baltimore Bullets
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Fort Wayne Pistons
- Xogadores dos Detroit Pistons
- Ala-pivotes de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA