Bogdan Bogdanović
Atlanta Hawks – No. 13 | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 18 de agosto de 1992 (31 anos) Belgrado |
Nacionalidade | Serbia |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2014 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Phoenix Suns |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Partizan (2010–2014) Fenerbahçe (2014–2017) Sacramento Kings (2017–2020) Atlanta Hawks (2020–presente) | |
Información en nba.com |
Bogdan Bogdanović, nado o 18 de agosto de 1992 en Belgrado, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 26 de xuño de 2014, durante a súa etapa no Partizan, Bogdanović foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns.[1] O 23 de xuño de 2016, na noite do Draft de 2016, os Sacramento Kings adquiriron os seus dereitos xunto con Georgios Papagiannis, Skal Labissière e unha futura elección da segunda rolda do Draft a cambio de Marquese Chriss.[2]
O 13 de xullo de 2017, Bogdanović asinou cos Sacramento Kings.[3] Fixo o seu debut na NBA o 23 de outubro de 2017 contra o equipo que o elixiu no Draft, os Phoenix Suns. Bogdanović fixo 12 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias en 25 minutos de xogo na derrota dos Kings por 117–115.[4]
O 24 de novembro de 2020, Bogdanović asinou cos Atlanta Hawks.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Suns Pick Up Bogdan Bogdanovic With 27th Selection". NBA.com. 26 de xuño de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2014.
- ↑ "Kings Announce Draft-Night Trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016.
- ↑ "Kings Sign Bogdan Bogdanovic". NBA.com. 13 de xullo de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ "Bookers Suns top Kings 117-115 for 1st win". espn.com. 24 de outubro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Atlanta Hawks Sign Restricted Free Agent Bogdan Bogdanovic". NBA.com. 24 de novembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1992
- Nados en Belgrado
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Xogadores do KK Partizan
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos de prata por Serbia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos en baloncesto