Charlie Share

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlie Share
Posición Pivote
Dorsal 18, 5, 70, 13, 44
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Nacemento 14 de marzo de 1927 (87 anos)
Flag of Ohio.svg Akron, Ohio
Carreira
Tempadas 19511960
NBA Draft 1950 / Rolda: 1 / Elección: 1

Escollido por Boston Celtics

Universidade Bowling Green
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 928 (8,3 pp)
Rebotes     4 986 (8,4 pp)
Asistencias     809 (1,4 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Charles Edward "Chuck" Share, nado o 14 de marzo de 1927 en Akron, Ohio, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante nove tempadas na NBA. Con 2,11 metros de altura xogaba na posición de pivote. Foi o primeiro xogador en ser elixido como número 1 do Draft da NBA da historia, xa coa liga unificada.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante 4 tempadas cos Falcons da Universidade de Bowling Green, nas que fixo unha media de 14,2 puntos en 121 partidos disputados.[1]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido no número 1 do Draft da NBA de 1950 por Boston Celtics, aínda que nunca chegou a xogar alí. Comezou a súa andaina profesional nos Fort Wayne Pistons, onde permaneceu durante dúas tempadas e media, sendo moi pouco utilizado. Mediada a tempada 1953-54 foi traspasado a Milwaukee Hawks, equipo no que contou con máis minutos e no que permaneceu case até o final da súa carreira, trasladándose con eles á cidade de St. Louis, onde gañou o seu único anel de campión en 1958. Na súa última tempada en activo, a 1959-60, xogou uns poucos partidos con Minneapolis Lakers. No total da súa carreira fixo unha media 8,3 puntos e 8,4 rebotes por partido.

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]