Arturo Pérez-Reverte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arturo Pérez Reverte»)
Infotaula de personaArturo Pérez-Reverte

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez Editar o valor em Wikidata
25 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Cartaxena (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - xornalismo
Colegio Marista La Sagrada Familia (en) Traducir
IES Isaac Peral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncorrespondente de guerra , reporteiro , presentador de televisión , redactor xefe , escritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorRTVE (1985–1994)
Pueblo (en) Traducir (1973–1984) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, novela histórica, Ficción detectivesca, novela bélica e comic novel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosCarlota Pérez-Reverte (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webperezreverte.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0702416 Allocine: 78697 Allmovie: p222437
Facebook: perezreverte Twitter: perezreverte Dialnet: 4000777 Musicbrainz: 3141420b-f91e-49ca-b42d-61fd093cb60b Editar o valor em Wikidata


Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez, nado en Cartaxena o 25 de novembro de 1951, é un novelista e periodista español. Ocupa a cadeira da letra "T" na Real Academia Española, cargo para o que foi elixido o 23 de xaneiro de 2003 e do que tomou posesión o 12 de xuño.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xornalismo, durante os tres primeiros anos da súa carreira cursou simultaneamente estudos de Ciencias Políticas. Exerceu como reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), primeiro formando parte de diario Pueblo, onde estivo doce anos, e logo para Televisión Española. En 1977 fundou co seu compañeiro Vicente Talón a revista Defensa, que saíu á venda en abril de 1978, e da que foi redactor xefe ata que os seus compromisos o obrigaron a deixar a editorial.

A principios dos anos 90 presentou na RNE o programa nocturno La Ley de la Calle, no que participaban personaxes de diversos ámbitos, e que foi clausurado polo director de RTVE Jordi García Candau. Entre 1993 e 1994 presentou, tamén en Televisión Española, o programa sobre a actualidade da crónica negra Código Uno, do que renegaría publicamente antes de presentar a súa dimisión. Tal como expuxo na súa obra Territorio Comanche despediuse da canle decepcionado pola falta de medios e pola politización da televisión.

Como correspondente de guerra cubriu conflitos armados en Chipre, Líbano, Eritrea, o Sáhara Occidental, as Illas Malvinas, O Salvador, Nicaragua, Chad, Libia, Sudán, Mozambique, Angola, o Golfo Pérsico, Croacia e Bosnia e Hercegovina entre outros.

Comezou a súa carreira de novelista en 1986 coa publicación de El maestro de esgrima, aínda que xa publicara con discreto éxito a novela curta El húsar. Dende 1991 é columnista no suplemento dominical El Semanal e en 1994 abandonou a súa profesión de reporteiro para dedicarse exclusivamente á literatura. As súas obras El maestro de esgrima, La tabla de Flandes e El club Dumas foron adaptadas ao cinema con grande éxito, esta última co título de The Ninth Gate, de Roman Polanski. En 2006 estreouse o filme Alatriste, baseado na súa colección de novelas de El capitán Alatriste, e en 2007 presentouse a película de La carta esférica.

Ingresou na Real Academia Español en xuño de 2003 para ocupar a cadeira da letra "T", vacante dende a morte do filólogo Manuel Alvar en 2001. O 18 de febreiro de 2004 foi investido como o primeiro doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Cartaxena.

En maio de 2011, a Audiencia Provincial de Madrid condeou a Pérez-Reverte a pagar 80.000 euros ó cineasta Antonio González-Vigil, que demandou o novelista por plaxiar o guión da película Gitano, estreada no ano 2000. Pérez-Reverte, en desacordo con esta sentenza, recorreu ó Tribunal Supremo, que terá que decidir sobre este tema.

É coñecido o seu posicionamento contrario a calquera tipo de nacionalismo.[2][3][4] É amigo de Manuel Rivas, Pedro Feijoo e declarouse fan de Castelao.[5]

Literatura[editar | editar a fonte]

Viaxeiro, bibliófilo, navegante e estudoso da lendaria tradición heroica española, Pérez-Reverte comezou escribindo éxitos de vendas culturalistas, como La Tabla de Flandes, e xogou coa novela histórica e o suspense en obras como El maestro de esgrima ou El club Dumas. Porén, a súa amarga experiencia como reporteiro de guerra foise reflectindo paseniño na súa obra a partir de Territorio Comanche, expresándose a través de temas como a canseira do heroe, a aventura, a amizade, a viaxe como perigo, a morte como última viaxe, e a cultura e a memoria como única salvación que permite comprender a realidade, soportar a dor e coñecer a identidade da persoa e do mundo. A visión que o escritor ten da existencia en xeral é sombría. Aborrece o humanismo cristián e cre que a filosofía pagá ten unha visión máis exacta e cruel do mundo.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Colección "Las aventuras del capitán Alatriste"[editar | editar a fonte]

Recompilacións de artigos de prensa[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Adaptacións e guións cinematográficos[editar | editar a fonte]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]