Cabo Trafalgar
Coordenadas: 36°10′55″N 06°02′00″O / 36.18194, -6.03333
O cabo de Trafalgar (do árabe: رأس الطرف الأغرّ Taraf al Ghar, o cabo da cova[1][2]) é un cabo español pertencente ao termo municipal de Barbate, situado na costa atlántica da provincia de Cádiz, en Andalucía.
Trátase dun pequeno illote situado entre as enseadas de Conil e Barbate unido ao continente por un dobre tómbolo de area, que se considera o extremo noroccidental do estreito de Xibraltar. Nel hai un faro e restos arqueolóxicos dunha factoría romana de salgaduras e dun asentamento hispano-musulmán.
Nas súas inmediacións tivo lugar o 21 de outubro de 1805 a soada batalla de Trafalgar, na que a escuadra franco-española foi derrotada pola inglesa ao mando do almirante Nelson.
Forma parte da Rede de Espazos Naturais Protexidos de Andalucía (RENPA), coa categoría de monumento natural e baixo o nome de Tómbolo de Trafalgar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase a páxina persoal de HERRERO INGELMO, José Luis. Profesor do Departamento de Lingua Española. Facultade de Filoloxía da Universidade de Salamanca. Arquivado 15 de decembro de 2004 en Wayback Machine.
- ↑ Véxase a definición de algar no DRAE
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cabo Trafalgar |
- Monumento Natural Tómbolo de Trafalgar Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Cabo Trafalgar Cádiz Turismo (en castelán)