Imanol Uribe
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de febreiro de 1950 San Salvador, O Salvador |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, actor, guionista, montador, produtor de cinema |
| Familia | |
| Cónxuxe | María Barranco (1982–2004) |
| Premios | |
| |
Imanol Uribe, nado en San Salvador (O Salvador) o 28 de febreiro de 1950, é un director e produtor de cinema vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou os seus estudos na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e obtivo o título de Director na Escola de Cinematografía de Madrid. En 1975 funda a produtora Zeppo Films, en 1979 a produtora Cobra Films e posteriormente Aiete Films S.A.
O tema predominante das súas películas está dedicado á situación social-política do País Vasco. Isto reflíctese en películas como El proceso de Burgos, La fuga de Segovia, La muerte de Mikel ou Días Contados. Tamén tocou outras temas: o racismo en Bwana, o mundo da bruxas en La luna negra ou o histórico en El rey Pasmado. Á parte de director tamén exerceu de produtor como en Secretos del corazón.
Na súa longa carreira, recibiu numerosos premios. Entre outros a Cuncha de Ouro á Mellor Película no Festival de Cine de Donostia por Días Contados, oito premios Goya por Días Contados e outros sete premios Goya por El rey pasmado (baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester, Crónica del rey pasmado), con Gabino Diego etc.
Compartiu a súa vida coa actriz María Barranco e teñen unha filla en común.
Premios
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Película |
|---|---|
| 2007 | La carta esférica |
| 2002 | El viaje de Carol |
| 2000 | Plenilunio |
| 1998 | Extraños |
| 1994 | Días contados |
| 1991 | El rey pasmado |
| 1989 | La luna negra |
| 1986 | Adiós pequeña |
| 1983 | La muerte de Mikel |
| 1981 | La fuga de Segovia |
| 1979 | El proceso de Burgos |