Alexandre Nevski
Alexandre Nevski[1][2][3] nado o 30 de maio de 1220 e finado o 14 de novembro de 1263. Foi Gran Príncipe de Novgorod e Vladímir.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do Gran Príncipe Iaroslav, liderou aos rusos na batalla do río Neva en 1240, onde derrotou de xeito decisivo aos suecos no seu intento de invadir Rusia. O alcume Nevski fai memoria desa vitoria fundamental. Atallou tamén cun exército de infantaría a carga da famosa cabalaría de Orde Teutónica na batalla do lago Peipus, onde infrinxiu unha abraiante derrota aos cabaleiros teutóns.
Ante a ameaza mongol, soubo concitar habilmente as simpatías da dinastía de Jochi, apesares de terse negado a realizar a cerimonia de homenaxe aos devanceiros mongois. Consistía esta cerimonia en camiñar entre lumes e prostrarse ante a efixie dos antepasados dos invasores. Nevski respondeu con enteireza que el só se prostraba perante o Deus de Xesucristo. Chegou a ter unha grande amizade con Sartaq, o fillo de Batu Khan, quen o puxo á fronte de Vladimir.
Distinguiuse polo seu goberno xusto e prudente e a defensa do feble e o desvalido. As súas relacións de vasalaxe cara a Horda de Ouro permitíronlle evitar a aniquilación da civilización rusa.
Significación
[editar | editar a fonte]Está considerado como un dos pais da patria rusa. Catarina I de Rusia creou a Imperial Orde de Alexandre Nevski o 21 de maio de 1752, como recoñecemento ao mérito patriótico e militar. Os soviéticos, ameazados polo avance do exército nazi en 1942, recuperaron esta condecoración.
A Igrexa Ortodoxa venérao como santo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DEGU.
- ↑ EGU.
- ↑ "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alexandre Nevski". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 11. ISBN 84-7680-429-6.
santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslav II. Salvou as súas terras [...]
- "Alexandre Nevski". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
santo (Vladimir 1220-Gorodets 1263) Gran duque de Novgorod e de Vladimir, fillo de Iaroslau II. Salvou as súas terras [...]
- "Alexandre Nevski". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 93. ISBN 978-84-8288-942-9.
Gran Duque de Nóvgorod e de Vladimir, e gran príncipe de Rusia desde 1236 (1220-1263). Venceu os suecos [...]