Sartaq
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 1230 |
| Morte | 1257 |
| Khan (título) | |
| 1255 – 1256 ← Batu – Ulagueche (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Nestorianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | Khan (título) |
| Outro | |
| Título | Khan (título) |
| Familia | Xenxiskhánidas |
| Fillos | Feodora Sartakovna, Ulagueche |
| Pais | Batu |
| Irmáns | Toqoqan |
Sartaq Khan, finado en 1256 foi o terceiro caudillo da dinastía de Jochi, o primoxénito de Xenxis Khan
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Batu Khan, sucedeuno á fronte da Horda de Ouro. Con anterioridade, por encargo do seu pai, acompañara, á fronte dos exércitos co seu tío Berke, a Mongke, para que este fose recoñecido como Gran Khan en Mongolia. No kurultai de Kodoe Aral, as dinastías de Ögödei e Chagatai foron desprazadas do poder intimidadas polos forzas de Sartaq e Berke.
Nomeou a Alexandre Nevski Gran Duque de Vladímir e tivo con el unha especial relación de irmandade. Sartaq converteuse ao cristianismo e mandou mensaxes amigables ao papa Inocencio IV. Isto determinou que os mongois abandonaran o vello proxecto de Ögödei de destruír a cristiandade occidental.
Sospéitase que foi envelenado por encargo do seu tío Berke quen, pola súa vez, se convertera ao islam. Tras o breve reinado de Ulaqchi, Berke faríase co dominio dos estados mongois occidentais.