Vladimir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vladímir")

Coordenadas: 56°09′N 40°25′E / 56.150°N 40.417°E / 56.150; 40.417

Vladimir
Владимир (en ruso)
Flag of Vladimir.png Coat of Arms of Vladimir (1781).png
Владимир-коллаж1.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Rusia (Europa)
Vladímir
Vladímir
País Rusia Rusia
Distrito Federal Óblast de Vladimir
Xeografía
Altitude 150 msnm
Superficie 124,59 km² km²
Poboación
Poboación 345.373 hab. (2010)
Densidade 2.772 hab./km²
Información
Código postal 600000, 600001, 600003, 600005–600009, 600014–600018, 600020–600028, 600031–600033, 600035–600038, 600700, 600950, 600960, 600970, 600980, 600999, 992800
Alcalde
Páxina web Páxina Oficial de Vladímir
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Vladimir (en ruso: Владимир) é unha cidade de Rusia, que é a capital da óblast de Vladimir. Encóntrase á beira do río Kliazma, a 200 km ao lest de Moscova. En 1989 tiña unha poboación de 315.000 habitantes. Dúas das súas catedrais son Patrimonio da Humanidade. Ten un aeroporto que durante a Segunda Guerra Mundial foi a sede da base aérea de Dobrinskoie.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona estaba habitada desde como mínimo hai 25.000 anos. A data tradicional da fundación da cidade era de 1108, pero pode que sexa máis antiga, porque segundo as crónicas parece que foi visitada por Vladimiro I de Kiev no ano 990.

Desde finais do século XII até as postrimerías do século XIV, o principado con capital na cidade foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kiev como principal potencia eslava, e está considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas. o Principado de Vladimir evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.

Durante o principio do século XIII a cidade tivo unha época de esplendor.[1]

En 1173, Vsévolov o Gran Niño foi elixido Gran Príncipe de Kiev. Pero preocupouse pouco da cidade e abandonouna, ocupándose en recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk. Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano do principado de Vladímir, continuando a extensión das terras do estado durante o seu reinado, polo que se *autotiulo como "Gran Príncipe" en 1177. Vsévolov foi o primeiro en levar o título de Gran Príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kiev.[2]

A cidade de Vladímir, e todo o principado, caeu baixo os tártaros ás ordes de Batu Khan en 1238.

Economía[editar | editar a fonte]

Vladímir é sede de industrias eléctricas e químicas, ademais de alimentarias. Tamén hai instalacións militares de mísiles, e recibe moito turismo.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  2. Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladimir Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • William, Craft Brumfield (2004): A History of Russian Architecture. Seattle: University of Washington Press. ISBN 9780295983943.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]