Conversa:Aleksandr Kerenskii

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei cómo se fai o movemento ao novo título cando non hai formas asentadas en galego, como amosa o feito de que as dúas formas referenciadas sexan distintas entre si... Segundo WP:TRL:

Sobre as transliteracións propostas nesta política terán preferencia aquelas formas en uso en galego que estean ben asentadas, sempre que sexan correctas, e que deberán ser suficientemente referenciadas.

Non se pode considerar que Alexander Kerenski estea ben asentada, non mais que o outro exemplo, Aleksandr Kerenskij. É un caso de libro para empregar a forma proposta pola política, Aleksandr Keresnkii. --Norrin (Fálame) 1 de febreiro de 2015 ás 09:13 (UTC)[responder]

@Norrin strange: Eu non dixen que houbera que movelo. O que eu dixen é que é máis habitual velo como Kérenski ou Kerensky, en ningún momento mencionei o asunto de que houbera que mudar o Aleksandr, que de cambialo, seguindo a política de nomes habería de poñer Alexandre que é o nome galego. Pero insisto, o único que eu fixen foi preguntar se había referencias para Kerenskii. Así que por min se queres volvelo a poñer como estaba perfecto.--AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 08:41 (UTC)[responder]
@AMPERIO: Non sei, cando dis que é mais habitual velo como Kérenski entendo que será en castelán, e cando dis Kerensky entendo que será en inglés. Tamén, por exemplo, en castelán adáptase o [х] ruso como [j], e así temos por exemplo, Mijaíl Frunze por Михаил Фрунзе; mais non tería moito sentido que nos fixésemos o mesmo. Eu entendo que habería que mudalo, xa que non hai unha única forma ben asentada, e que a política de transliteracións atopa a súa utilidade precisamente en situacións como esta. Saúdos! --Norrin (Fálame) 2 de febreiro de 2015 ás 09:22 (UTC)[responder]
@Norrin strange: adíante entón. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 09:26 (UTC)[responder]

A cada rato estamos empregando como referencias únicas para os nomes dos artigos a EGU ou a Diciopedia do século 21, non entendo porqué neste caso non valen. Nin sei como valoras exacta e obxectivamente se algo "está asentado" ou non, nin se iso é preciso para o caso. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2015 ás 14:23 (UTC)[responder]

Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.169. Kerenski, Alexander Feódorovich Político ruso (1881-1970) 
Noutra páxina da mesma obra: (Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.264. Lvov, Gueorgui Yevguénievich Príncipe ruso (1861-1925). Tras a caída do tsar (1917) foi nomeado presidente do goberno provisional. Substuíuno Kerenski e, tras o triunfo dos bolxeviques, fuxiu a París. ). Nótese como escribe: "Kerenski". --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2015 ás 14:48 (UTC)[responder]
Ah. Entón teño que citar un terceiro libro en galego que apoie unha das outras dúas, para facer o desempate. Ou como é? Se é así, mátasme, non teño tanta biblioteca.
Daquela, está máis asentado "Kerenskii", con dúas "i"? --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2015 ás 15:09 (UTC)[responder]
Non é cuestión dun número, pode verse que non está asentado, polo que é de aplicación a transliteración de WP:TRL. Kerenskii é a transliteración segundo o sistema oficial ruso, o que se aplica cando non hai forma asentada. --Norrin (Fálame) 2 de febreiro de 2015 ás 15:23 (UTC)[responder]
Non sei se servirá para este caso xa que non sei se é este Kerenski ou non, pero o apelido é o mesmo, hai un libro en galego que o recolle o apelido con unha i: Matar a Kerenski de Xosé Antonio Moreno Ed. Galaxia 1998. Logo tamén temos a Alexander Kerensky en Hoja del Lunes de Lugo, 22-6-1970 e recollido na Revista Galega do Ensino pero deste non me fiaría xa que o artigo que cita creo que está en castelán. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 15:29 (UTC)[responder]
(Quito espazos): Aquí Kerensky. Pódense atopar os que queiras. Claramente é unha forma non asentada. E o mesmo Lvov, acabo de velo escrito "Lwow". --Norrin (Fálame) 2 de febreiro de 2015 ás 15:48 (UTC)[responder]