Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Istanbul-Sabiha Gökçen»)
Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen
İstanbul Sabiha Gökçen Uluslararası Havalimanı

IATA: SAW – ICAO: LTFJ
Sumario
Propietario HEAŞ
Operador Malaysia Airports
Cidade/Illa Istanbul
Localización Pendik
Elevación (msnm) 95 metros / 312 pés
Coordenadas Coordenadas: 40°53′54″N 29°18′33″L / 40.898333333333, 29.309166666667
Web https://www.sabihagokcen.aero
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 3 000 9 842 formigón
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 29 577 735

O aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen (IATA: SAW, ICAO: LTFJ) é un dos dous aeroportos internacionais que serven a Istanbul, a cidade máis grande de Turquía (o outro é o aeroporto de Atatürk. Situado a 35 km ao sueste do centro da cidade, Sabiha Gökçen atópase na parte asiática e é centro de conexións para Pegasus Airlines, ademais dunha base para Turkish Airlines e Borajet. Foi bautizado na honra de Sabiha Gökçen, a primeira piloto de combate de Turquía e filla adoptiva de Mustafa Kemal Atatürk, o presidente fundador da República de Turquía.

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto construíuse debido a que o aeroporto de Atatürk, situado no lado europeo, non era o suficientemente grande para satisfacer a crecente demanda de pasaxeiros, tanto domésticos como internacionais. En xuño de 2007 o consorcio formado polo conglomerado turco Limak Holding, o grupo indio GMR Group e Malaysia Airport Holding Berhad (MAHB) gañou o contrato para mellorar e manter o aeroporto. A mediados de 2008 comezaron as obras para ampliar a terminal internacional e conseguir unha capacidade de 25 millóns de pasaxeiros anuais. A nova terminal inaugurouse o 31 de outubro de 2009.

A capacidade da terminal internacional era orixinalmente de 3 millóns de pasaxeiros por ano, e a doméstica tiña unha capacidade de 0,5 millóns anuais. No ano 2010 por Sabiha Gökçen pasaron 11 129 472 pasaxeiros, un incremento dun 71% con respecto a 2009.[1] No ano 2011 prevíase que se alcanzarían os 25 millóns cara 2023,[2] pero no ano 2015 pasaron polo aeroporto máis de 28 millóns de pasaxeiros.

Con 29 577 735 pasaxeiros e 206 180 operacións en 2016, Sabiha Gökçen é o segundo aeroporto cunha única pista máis concorrido do mundo (Londres-Gatwick ten dúas pistas pero só pode operar como un aeroporto dunha única pista). A día de hoxe estase a construír unha segunda pista que debería estar operativa no ano 2019.[3]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Air Algérie Orán
Air Arabia Sharjah
Air Arabia Jordan Amán
Air Arabia Maroc Casablanca
Air Manas Bixkek
AtlasGlobal Estacional: Antalya, Bodrum, Dalaman, Esmirna, Jeddah
Azerbaijan Airlines Baku
Buta Airways Baku[4]
Eurowings
operado por Germanwings
Estacional: Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Hamburgo, Stuttgart
FlyBaghdad Bagdad, Najaf
flydubai Dubai-Internacional
Flynas Jeddah, Madinah, Riad
Jordan Aviation Chárter: Amán-Civil
Nile Air O Cairo
Pegasus Airlines Abu Zabi,[5] Adana, Almati, Amasya/Merzifon, Ámsterdam, Ancara, Antalya, Atenas, Bagdad, Bahrain, Balıkesir/Edremit, Barcelona, Basilea/Mulhouse, Batman, Beirut, Belgrado, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Bixkek, Bodrum, Boloña, Bucarest, Budapest, Charleroi, Colonia/Bonn, Copenhague, Dalaman, Denizli, Diyarbakır, Doha, Dubai-Internacional, Düsseldorf, Elazığ, Arbil, Erzincan, Erzurum, Frankfurt, Gaziantep, Gazipaşa, Xenebra, Grozny, Hamburgo, Hatay, Hurghada, Esmirna, Kahramanmaraş, Kastamonu, Kars, Kayseri, Khárkiv, Konya, Krasnodar, Kuwait, Londres-Stansted, Lviv, Lión, Madrid, Malatya, Mardin, Marsella, Milán-Malpensa, Mineralnye Vody, Moscova-Domodedovo, Múnic, Münster/Osnabrück, Muş, Nevşehir, Niza, Nicosia-Ercan, Nizhnii Novgorod,[5] Nürnberg, Oslo-Gardermoen, Ordu-Giresun, París-Orly, Praga, Pristina, Roma-Fiumicino, Saint-Étienne, Samara,[5] Samsun, Şanlıurfa, Saraxevo, Sharm el-Sheikh, Sivas, Skopje, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Sulaymaniyah, Tbilisi, Teherán-Imán Khomeini, Tel Aviv-Ben Gurion, Tirana, Trebisonda, Van, Volgogrado,[5] Viena, Zaporizhia, Zúric
Qatar Airways Doha
SunExpress Antalya, Esmirna
Turkish Airlines Abu Zabi, Ámsterdam, Ancara, Antalya, Bagdad, Barcelona, Basora, Berlín-Tegel, Bodrum, Bruxelas, Colonia/Bonn, Copenhague, Dalaman, Dubai-Internacional, Düsseldorf, Frankfurt, Esmirna, Jeddah, Kuwait, Londres-Gatwick, Milán-Malpensa, Múnic, Nicosia–Ercan, París-Charles de Gaulle, Riad, Roma-Fiumicino, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Tbilisi, Teherán-Imán Khomeini, Tel Aviv-Ben Gurion, Viena
Estacional: Arbil
Turkish Airlines
operado por AnadoluJet
Adana, Ancara, Bodrum, Dalaman, Diyarbakır, Edremit, Erzurum, Gaziantep, Hatay, Kars, Kayseri, Mardin, Nevşehir, Ordu-Giresun, Samsun, Sivas, Trebisonda, Van, Erzincan
Wings of Lebanon Chárter: Beirut

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Liexa
Buraq Air Misurata
Cargolux Amán-Raíña Alia, Luxemburgo
CAVOK Air Lviv
Ethiopian Airlines Cargo Adís Abeba, Liexa
MNG Airlines Leipzig, Barcelona, París-Charles de Gaulle, Doha
MyCargo Airlines Baku, Beirut, Frankfurt, Liexa
Silk Road Cargo Tashkent
Silk Way Airlines Baku
Ukraine Air Alliance Lviv, Kíiv-Boryspil
ULS Airlines Cargo Beirut, Misurata, Talín, Trípoli

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estadísticas de tráfico 2010". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  2. Hurriyet (ed.). "Sabiha Gökçen'de rekor yolcu sayısı". Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  3. "World`s busiest single-runway commercial airports". Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  4. Buta Airways (ed.). "Timetable of Buta Airways flights". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Pegasus adds new international routes from June 2017". routesonline. Consultado o 5 April 2017.