Consulado (Francia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Napoléon Bonaparte, Primeiro cónsul, 1803. Por François Gérard.

O Consulado foi a institución de goberno en Francia entre a caída do Directorio tras o golpe de Estado que deu Napoleón Bonaparte o 18 Brumario de 1799 até o comeno do Imperio Napoleónico, en 1804.

Por extensión, o termino O Consulado refírese tamén a dito período histórico francés.

O cargo de cónsul ten a súa orixe no antigo cargo homónimo da Antiga Roma.

O Consulado estaba constituído, teoricamente, por un triunvirato. O cargo de cónsules ostentárono Napoleón Bonaparte, Sieyès e Ducos temporalmente até o 12 de decembro de 1799. Posteriormente, Sieyés e Ducos fueron substituídos por Jean Jacques Régis de Cambacérès e Charles-François Lebrun, que seguiron no cargo até 1804, cando Napoleón foi coroado Emperador dos franceses.

Historia[editar | editar a fonte]

Os tres cónsules:
Cambacérès, Bonaparte e Lebrun.

Napoleón, como primeiro cónsul, concentrou na súa persoa case todo o poder, deixando os outros dous cónsules cos que formaba o triunvirato, como unha mera comparsa.

Durante o Consulado leváronse a cabo importantes reformas políticas e sucederon importantes feitos militares e diplomáticos, grazas aos que Napoleón se transformou nun dos personaxes máis recoñecidos do mundo, pola súa maneira de armar a un exército e pola súa intelixencia.

Algúns destes feitos foron:

Napoleón utilizaba as técnicas do Antigo Réxime no seu goberno, que cada vez se concentraba máis na súa persoa. A pesar da oposición dos republicanos (que vislumbraban o seu soño de ser emperador) ao seu autoritarismo, a maioría da poboación permaneceu, acrítica, apoiando a súa política, ao punto de que o Senado acordou dar a Bonaparte o título de emperador o 18 de maio de 1804, decisión aprobada por un referendo no mesmo día. O soberano foi coroado o 2 de decembro dese mesmo ano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Péronnet, Michel (1991), p. 242.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]