Carlos X de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos X de Francia
Charles X of France 1.PNG
Nacemento9 de outubro de 1757
 Versalles
Falecemento6 de novembro de 1836
 Gorizia
CausaCólera
SoterradoAnnunciation Parish Church (Nova Gorica)
NacionalidadeFrancia e España
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiLuís de Bourbon (1729-1765)
NaiMaria Josefa de Saxônia
CónxuxeMaria Teresa da Sardenha
FillosLuís XIX de Francia, Carlos Fernando, Sofia de Artois e Mademoiselle d'Angoulême
IrmánsMaria Teresa de França, Maria Zeferina de França, Xavier, Duque da Aquitânia, Luís, Duque da Borgonha, Luís XVI de Francia, Luís XVIII de Francia, Isabel de França (1764-1794) e Maria Clotilde de França
PremiosCabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Grand Master of the Legion of Honour, Gran Cruz de Cabaleiro da Orde Militar de Guillerme, Orde da Xarreteira, Orde do Elefante, Ordem de São Januário, Knight Grand Cross of the Order of Saint Ferdinand and of Merit, Royal Military and Hospitaller Order of Our Lady of Mount Carmel and Saint Lazarus of Jerusalem united, Ordem de São Luís, Décoration de la Fidélité, Orde do Vélaro de Ouro e Orde da Aguia Negra
Charles X signature (1830).png
editar datos en Wikidata ]

Carlos X de Francia, nado no Palacio de Versalles o 9 de outubro de 1757 e finado en Gorizia (Iliria) o 6 de novembro de 1836, foi rei de Francia e Navarra[1][2] entre 1824 e 1830. Foi o último rei borbón de Francia, e o último que tivo unha cerimonia de coroación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Neto de Luís XV e a súa esposa, a princesa polaca María Leszczyńska, e fillo máis novo de Luís, Delfín de Francia, que nunca reinou, e da súa esposa alemá, María Xosefa de Saxonia. Carlos era irmán de Luís XVI, deposto e executado durante a Revolución Francesa, e tamén do rei Luís XVIII, que reinou trala caída de Napoleón. Levou o título de conde de Artois.

Foi bautizado o 19 de outubro de 1761 cos nomes de Carlos Felipe polo arcebispo Carlos Antonio de La Roche-Aymon na Capela Real de Versalles en presenza de Jean-François Allart, sacerdote da igrexa de Nosa Señora de Versalles. A súa madriña foi a súa tía Sofía de Francia e o seu padriño o rei Carlos III de España, representado polo futuro Luís XVI, o seu irmán.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

O 16 de novembro de 1773, contraeu matrimonio con María Tareixa de Savoia (1756-1805), filla de Vítor Amadeo III de Savoia e da infanta María Antonieta de Borbón. O matrimonio tivo catro fillos:

O seu fillo favorito era Carlos Fernando, que se parecía moito a el, tanto física como moralmente. O máis vello, Luís Antonio, polo contrario era tímido e sufría de miopía e tics nerviosos.

Carlos, a diferenza dos seus irmáns máis vellos, que tiñan tendencia ao sobrepeso, era un home aposto e atractivo. A súa esposa non era considerada fermosa e Carlos tivo moitas amantes durante a súa vida, como Louise de Polastron.

Carlos en 1793

Revolución e exilio[editar | editar a fonte]

Exiliado de Francia mesmo antes da toma da Bastilla, o conde de Artois foi un dos símbolos más salientábeis da contrarrevolución, residindo durante moitos anos en Gran Bretaña ata que a caída de Napoleón permitiu que o seu irmán Luís XVIII ascendese ao trono de Francia.

Volta do exilio: reinado de Luís XVIII e os ultramonárquicos[editar | editar a fonte]

Durante o reinado de Luís XVIII, o futuro Carlos X representou a rama máis extremista do conservadurismo, liderando en segredo o partido ultramonárquico, do que se dicía que era "máis monárquico có rei". Ao contrario que o seu irmán o rei, que se mostraba conciliador e perdoou os partidarios de Napoleón, o conde de Artois avogaba polo castigo aos participantes da Revolución, o que deu lugar ao chamado Terror Branco.

Os ultramonárquicos foron gañando poder progresivamente, e segundo máis enfermo se atopaba o monarca, máis poder delegaba no seu irmán de Artois. A morte de Luís XVIII e o ascenso de Carlos X cubriu as expectativas do partido.

Reinado[editar | editar a fonte]

Coroación de Carlos X por François Gérard
Manto da coroación de Carlos X
40 francos coa efixie de Carlos X

Á morte de Luís XVIII en 1824, Carlos X herdou o trono francés e foi coroado o 29 de maio de 1825 na catedral de Reims. Foi a última coroación dun rei en Francia. O reinado de Carlos X estivo marcado polas inmensas tensións coa burguesía francesa, e, en xeral, coas ramas máis liberais do estamento político; as pretensións absolutistas e ultramonárquicas de Carlos X non atopaban espazo nun sistema político formado na súa maioría por grupos políticos liberais, que era patente que tiñan o apoio popular suficiente para controlar a Cámara de Deputados, se ban a fraude electoral previña esa circunstancia.

A incomodidade do rei e dos seus partidarios ultramonárquicos ante esta situación foi evidente desde o principio do seu reinado, e os ultramonárquicos non dubidaron en tratar de dominar a política francesa recorrendo á fraude electoral, á chantaxe e ao libelo, o que provocou un gran descontento entre a burguesía liberal e as clases populares; este descontento manifesouse cando en abril de 1827, Carlos X estaba a pasar revista á Garda Nacional: os gardas non dubidaron en proferir insultos e ameazas contra o rei ante a impotencia dos oficiais e Carlos X tivo que fuxir precipitadamente. Días despois, Carlos X, asustado pola posibilidade de que a Garda Nacional o derrocase, ordenou a súa disolución. Porén, o episodio deixara clara a débil posición da monarquía, que foi incapaz de desarmar a Garda trala disolución.

A política ultramonárquica de Carlos X concretábase nas iniciativas lexislativas desenvolvidas por un dos seus principais apouos, o primeiro ministro Jean-Baptiste de Villèle, que exercía o cargo desde o reinado de Luís XVIII. Era sabido que as principais leis promovidas polo primeiro ministro eran parte dunha lista de leis que Carlos X lle entregara ao principio do seu reinado, e que quería ver ratificadas pola Cámara de Deputados e a dos Pares o antes posible. Estas leis, tremendamente impopulares, ían encamiñadas a outorgar grandes poderes e privilexios á nobreza e ao clero, en detrimento do terceiro estado; en definitiva, a iniciativa lexislativa de Carlos X pretendía abolir os principais logros da Revolución. En 1825 aprobouse unha das leis máis polémicas, destinada a indemnizar a todos aqueles nobres que foran donos de terras expropiadas durante a Revolución. A lei Anti-Sacrilexio dese mesmo ano convertía en delito penal calquera ofensa cometida contra a Igrexa Católica; esta lei foi empregada como instrumento de vinganza política contra moitos políticos liberais.

Non obstante, o episodio da Garda Nacional de 1827 puxo de manifesto o desgaste de Carlos X. En novembro dese ano, o ultramonárquico Villèle perdeu a mayoría parlamentaria, e foi desprazado do poder. O seguinte primeiro ministro, Jean-Baptiste de Martignac, era un político moderado a quen Carlos X detestaba. O rei pensou no ministerio deste como nun mal pasaxeiro, e non dubidou en conspirar contra o seu primeiro ministro, que se viu forzado a dimitir en agosto de 1829. Martignac foi sucedido polo ultramonárquico Jules de Polignac, amigo do rei de escasa intelixencia política. Porén, o ascenso de Polignac coincidiu coas eleccións do 30 de agosto de 1829, en que os ultramonárquicos perderon calquera posibilidade de controlar as cámaras lexislativas. O abandono das filas promonárquicas do conservador Chateaubriand, moi descontento coa elección de Polignac, deixou estes en minoría, polo que Polignac e Carlos X manobraron para non convocar as novas cámaras ata marzo de 1830, previndo iniciativas lexislativas de tendencia liberal. Mentre, en xaneiro de 1830, Carlos X declarou a guerra a Alxeria debido a que o vicerrei Hussein Dey expulsara o cónsul francés na zona; con esta guerra Carlos X esperaba distraer a atención do público da situación política interna.

Finalmente, o 2 de marzo de 1830, Carlos X tivo á fin que convocar as Cámaras para inaugurar a lexislatura. No seu discurso inaugural ante elas agardábase que Carlos se mostrase moderado e conciliador, mais en vez diso, fixo un panexírico da súa política, xustificando a elección de Polignac como primeiro ministro e obviando o talante eminentemente liberal das novas cámaras. Estas viron no discurso do rei unha provocación á que responderon o 18 de marzo votando un decreto que esixía que o gabinete e os ministros do rei contasen coa aprobación das cámaras. O día anterior, coñecendo a inminente iniciativa, o rei e o seu goberno convocara eleccións xerais para xullo, e o 19 de marzo Carlos X disolvía as cámaras. O descontento popular foi inmenso.

Previndo unha derrota electoral, Carlos X non dubidou en tratar de manipular as eleccións, que comezaron o 23 de xuño; o 6 de xullo, vendo que a súa situación política era moi precaria, o rei foi urxido por Polignac a que invocase o artigo 14 da Constitución, que permitía suspendela ante unha situación de emerxencia, outorgando poderes extraordinarios ao monarca. Mediante o exercicio dos poderes de emerxencia, Carlos X pretendía convocar unhas novas eleccións e manipular os resultados ao seu favor, o que esixía en primeira instancia poder nomear prefectos provinciais afíns ao partido ultramonárquico. De limitarse a iso, o autogolpe de estado talvez tivese éxito, mais aconsellado por Polignac, o consello de ministros redactou as Ordenanzas de Xullo, un conxunto de catro ordenanzas encamiñadas a abolir a liberdade de prensa, disolver a nova cámara de deputados, alterar o sistema electoral e convocar novas eleccións para setembro. Polignac cría que deste xeito o éxito do golpe estaba garantido.

Revolución de Xullo[editar | editar a fonte]

A liberdade guiando o poco, de Eugène Delacroix, alegoría da revolución de 1830

Carlos X asinou as ordenanzas no Château de Saint-Cloud o 25 de xullo, crendo así rematada a criste política que el mesmo iniciara. As ordenanzas publicáronse no Moniteur (o boletín oficial do estado) o 26 de xullo, causando unha fonda sorpresa en París. Aínda que nun primeiro momento pareceu que o pobo non ía reaccionar ante elas, axiña se demostrou o contrario: a prensa liberal, encabezada polo xornalista Adolphe Thiers, e que ía ser abolida de facto grazas ás ordenanzas, comezou a chamar á resistencia contra as pretensións do monarca. O 26 de xullo pola tarde, unha inmensa multitude comezou a reunirse nos xardíns do Palais-Royal, un lugar simbólico desde a Revolución francesa. Os gritos de "Abaixo os Borbóns!" e "Viva a Constitución" sucedéronse; esa noite, a policía pechou os xardíns do Palais Royal, e a multitude, furiosa, reuniuse nas rúas adxacentes, dando comezo aos disturbios. A mañá do 27 de xuño a policía clausurou os xornais que continuaban a publicarse; cando a nova chegou á xente, tomaron de novo os xardíns do Palais Royal. Carlos X, temeroso da revolta, ordenou os soldados alí apostados que disolvesen a multitude. Ante os disparos que esta fixo contra eles, o exército abriu fogo. Sucedéronse os disturbios, e os comercios do Palais Royal foron saqueados. O 28 de xullo o pobo de París comezou a montar barricadas nas rúas. O mariscal Marmont, a quen Carlos X puxera ao mando da situación, urxiu o monarca a reconciliarse co pobo derrogando as ordenanzas. Carlos X negouse, ao tempo que os homes de Marmont, simpatizantes da causa do pobo, comezaban a desertar. A situación de Marmont era precaria; Carlos X ordenara abrir fogo contra a multitude, mais esta, armada e parapetada tralas barricadas das estreitas rúas do centro, obrigouno a retroceder cos restos da súa tropa cara ao Palacio das Tullerías.

Mentres tanto, a Cámara de Deputados reuniuse o 28 de xullo na casa de Audrey de Puyraveau, e enviou unha delegación a Marmont pedíndolle que urxise o rei a abolir de novo as ordenanzas. Marmont tratou de convencer a Polignac, que se atopaba nas Tullerías, mais este negouse. Vendo o insustentábel da situación, Carlos X culpou os seus ministros dela e destituínos esa mesma tarde; con iso perdía, sen pretendelo, o apoio do partido ultramonárquico. Deste xeito, o rei quedou politicamente illado e ante a revolta fíxose patente a fin do seu reinado. Vendo o rei como un cadáver político, a Cámara de Deputados, reunida o 30 de xullo na casa de Jacques Lafitte e despois no Palais Bourbon, non recoñeceu autoridade ningunha ao rei e decidiu convidar a Luís Filipe de Orleáns, fillo de Filipe Igualdade, partidario da causa liberal e burguesa, para desempeñar o cargo de Lugartenente Xeneral do Reino, co beneplácito da Cámara dos Pares.[3] Imprimíronse panfletos que promovían o ascenso de Luís Filipe e distribuíronos entre a multitude, encantada de ver como a autoridade do goberno de Carlos X se derrubaba.

O rei viuse forzado a fuxir de Saint-Cloud a mañá do 31 de xullo, mentres unha turba se achegaba coa intención de saquear o palacio. Tomando refuxio en Versalles, tratou de salvar o seu goberno no momento en que Luís Filipe entraba en París e aceptaba o cargo de Lugartenente Xeneral do Reino que lle ofrecía a Cámara de Deputados.[4] Os apoios a Carlos X desapareceran e o monarca mostrábase incapaz de entender que fora desprazado do trono. O 2 de agosto a revolta obrigouno a refuxiarse en Rambouillet; ese mesmo día, tres rexementos da Garda Real, o único corpo que permanecera leal ao rei, abandonárono. Perdida toda esperanza e sen protección ante a multitude ameazadora, ese día Carlos X abdicou e obrigou o seu fillo o Delfín Luís Antonio de Borbón, duque de Angulema, a facer o mesmo en favor do seu sobriño Henrique de Artois, duque de Bordeos, un rapaz de doce anos naquel momento. O ex-rei enviou unha carta ao seu primo Luís Filipe pedíndolle que o proclamase rei:

Meu primo,
Estou fondamente apenado polos males que aflixen e poderían ameazar as miñas xentes porque non atopei un modo de previlos. Tomei a resolución de abdicar da coroa en favor do meu neto o duque de Bordeos.
O Delfín, que comparte os meus sentimentos, renuncia tamén aos seus dereitos en favor do seu sobriño.
Debedes, na vosa calidade de lugartenente xeneral do reino, facer proclamar o ascenso de Henrique V ao trono. Por outra banda, tomaredes todas as medidas que vos correspondan para axustar as novas formas de goberno durante a minoría do novo rei.
[..]
Comunidade as miñas intencións ao corpo diplomático e facédeme saber o antes posible sobre a proclamación pola que o meu neto será recoñecido baixo o nome de Henrique V.

Luís Filipe de Orleáns comunicou a abdicación e renuncia ás Cámaras o 3 de agosto, e lonxe de proclamar rei o duque de Bordeos, procedeu a expulsar de Francia a familia de Carlos armando o pobo de París.[5] As Cámaras, pola súa banda, reelaboraron a Carta Constitucional de 1814, declarando o trono vacante e procedendo a elixir a Luís Filipe como novo rei, que foi proclamado co nome de Luís Filipe I, Rei dos franceses o 9 de agosto.[6]

Exilio[editar | editar a fonte]

O 16 de agosto, a antiga familia real embarcouse para Inglaterra a instancias de Luís Filipe, que garantiu un salvoconduto para eles. O goberno inglés, anoxado pola actitude de Carlos X, informouno de que só se lle permitiría residir no Reino Unido como un cidadán privado. Recibiu o permiso para resideir en Dorset, onde o monarca derrocado foi acosado polos acredores que lle emprestaran grandes sumas de cartos durante o seu primeiro exilio en Inglaterra, en tempos da Revolución. Aínda que dispuñan dunha pequena fortuna que Carlos X colocara por se acaso na Banca Inglesa, a situación en Inglaterra era tremendamente incómoda. Abandonou Inglaterra en outubro e refuxiouse en Edimburgo, onde viviu durante 1831 acosado esta vez por algúns membros da súa familia, que pretendía que cedese a rexencia no exilio á duquesa de Berry, nai de Henrique V. En 1832 aceptou a invitación do emperador Francisco I de Austria para vivir en Praga, onde comezou a recibir moitos lexitimistas borbónicos que fuxiran de Francia trala Revolución de Xullo. Os seus últimos anos pasounos en territorio austrohúngaro, conspirando de xeito torpe e público a favor da causa da Casa de Borbón.

Sartegos de Carlos X e do seu fillo Luís Antonio de Angulema (Luis XIX) en Nova Gorica

Despois de vivir no castelo de Hradchin, en Praga, Carlos X morreu, afectado de cólera, en Gorizia (Iliria) en 1836. Está enterrado xunto ao seu fillo máis vello, Luís Antonio de Borbón (Luis XIX) na cripta da igrexa do mosteiro franciscano de Kostanjevica (Nova Gorica, Eslovenia). Xunto aos seus sepulcros de mármore hai unha placa que di:

Ici repose très haut et très puissant excellent prince Charles X de nom roi, par la grâce de Dieu, de France et de Navarre
Aquí repousa [o] moi alto e moi poderoso, excelente príncipe Carlos X, chamado rei, pola graza de Deus, de Francia e de Navarra

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís, o Gran Delfín
 
 
 
 
 
 
 
8. Luís, Duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Ana Cristina de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
4. Luís XV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Vítor Amadeo II de Sardeña
 
 
 
 
 
 
 
9. María Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Ana María de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
2. Luís, Delfín de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Rafael Leszczynski
 
 
 
 
 
 
 
10. Estanislao I Leszczynski
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Ana Jablonowska
 
 
 
 
 
 
 
5. María Leszczynska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xoán Carlos Opalinski
 
 
 
 
 
 
 
11. Catarina Opalinska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Sofía Czarnkowska
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlos X de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Xoán Xurxo III de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
12. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Ana Sofía de Dinamarca
 
 
 
 
 
 
 
6. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Cristián Ernesto de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
13. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sofía Luísa de Wurtenberg
 
 
 
 
 
 
 
3. María Xosefa de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Leopoldo I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
14. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán Federico de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
15. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Benedita Henriqueta do Palatinado
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Achaintre, Nicolas Louis (1825), Histoire généalogique et chronologique de la maison royale de Bourbon, volume 2, ed. Mansut, páx. 269
  2. O título navarro era simbólico, xa que o Reino de Navarra (Baixa Navarra) fora abolido en 1789 e os seus territorios quedaran integrados en Francia: Zink, Anne (2000). Pays ou circonscriptions: les collectivités territoriales de la France du Sud-Ouest sous l'Ancien régime (en francés). Publications de la Sorbonne. p. 321. ISBN 9782859443894. 
  3. de Vaulabelle, Achille Tenaille (1854). Chute de l'Empire. Histoire des deux restaurations jusqu'à la chute de Charles X (en francés) 7. Perrotin. p. 456. 
  4. Blanc, Louis (1848). The History of Ten Years, 1830-1840: Or, France Under Louis Philippe (en inglés) 1. Lea & Blanchard. p. 193. 
  5. Dyer, Thomas Henry (1901). A History of Modern Europe from the Fall of Constantinople (en inglés) 6. G. Bell and Sons. p. 42. 
  6. Fortescue, William (2005). France and 1848: The End of Monarchy (en inglés). Psychology Press. p. 20. ISBN 9780415314626. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artz, Frederick Binkerd. France Under the Bourbon Restoration, 1814–1830 (1931). online free
  • Artz, Frederick B. Reaction and Revolution 1814–1832 (1938), covers Europe. online
  • Brown, Bradford C. "France, 1830 Revolution" en Immanuel Ness, ed., The International Encyclopedia of Revolution and Protest (2009): 1–8.
  • Frederking, Bettina. "'Il ne faut pas être le roi de deux peuples': strategies of national reconciliation in Restoration France." French History 22.4 (2008): 446–468. in English
  • Rader, Daniel L. The Journalists and the July Revolution in France: The Role of the Political Press in the Overthrow of the Bourbon Restoration, 1827–1830 (Springer, 2013).
  • Weiner, Margery. The French Exiles, 1789–1815 (Morrow, 1961).
  • Wolf, John B. France 1814–1919: the Rise of a Liberal Democratic Society (1940) pp 1–58.
Predecesor:
Luís XVIII
Rei de Francia e de Navarra
Grand Royal Coat of Arms of France & Navarre.svg

18241830
Sucesor:
Luís Filipe
(como Lugartenente Xeneral do Reino)
Predecesor:
Luís XVIII
Copríncipe de Andorra
18241830
Sucesor:
Luís Filipe