Saltar ao contido

Comarca da Terra de Trives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Terra de Trives»)
Modelo:Xeografía políticaComarca da Terra de Trives
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°20′22″N 7°15′11″O / 42.3394, -7.2531
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalA Pobra de Trives Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.835 (2020) Editar o valor en Wikidata (8,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie431,71 km² Editar o valor en Wikidata

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, e pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca está bañada polo leste polo río Bibei. Un dos seus accidentes xeográficos máis importantes é o pico Cabeza de Manzaneda, con máis de 1.750 metros. A extensión é de 431,71 quilómetros cadrados,[1] un 1,46% da superficie total de Galicia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

No ano 2020, a comarca posuía 3.835 habitantes.[1] Unha proba da súa pouca poboación é a densidade, de tan só 8,88 habitantes por quilómetro cadrado, moi inferior á media galega.

Concello Habitantes
2020[2]
Chandrexa de Queixa 472
Manzaneda 843
A Pobra de Trives 2.014
San Xoán de Río 506
Total 3.835
Padrón municipal 2020 3.835 habitantes[1]
Menores de 15 anos 219 (5,71 %)
Entre 16 e 64 anos 2.012 (52,46 %)
Maiores de 65 anos 1.604 (41,83 %)

O negocio do turismo rural comeza a ter valor na comarca. Pero a existencia da estación de esquí no concello de Manzaneda dá moita importancia turística a esta zona, xa que é a única estación de esquí galega.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-02. 
  2. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-02. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.