Conversa:Autoestrada Central Galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non ten moito sentido esta duplicidade. Entendo eu que debería quedar o título do nome da autoestrada segundo consta no inventario de estradas (explícome: AP-53). Xoacas(Góstache o pemento?) 13:02, 22 marzo 2010 (UTC)

Non, de feito os marcadores de fusión están por iso, o que ocorre é que hai que fusionar os artigos e os seus historiais, de ahí que desfixera a anterior redirección. No tema de que título debería quedar xa non estou tan seguro, supoño que o que dis ti sería máis correcto :) --Banjo tell me 14:15, 22 marzo 2010 (UTC)

Boas, a razón pola que fixen o artigo de Autoestrada Central Galega collendo, ordeando e ampliando a información do artigo AP-53 é porque a AP-53 non é mais ca un treito desa autoestrada (Santiago-Dozón) e o outro treito AG-53 (Dozón - Ourense) ambos forman a autoestrada central galega. Se se mantén un artigo independente para AP-53 habería que ter outro para a AG-53 cando é a mesma autoestrada por iso penso que é mellor telos agrupados baixo un mesmo nome que englobe ambos treitos. --Raposo 21:56, 22 marzo 2010 (UTC)

Pois tes razón, que son dous tramos. Cousas dos políticos. Haberá que fusionar este conservando Autoestrada Central Galega. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:22, 22 marzo 2010 (UTC)

Así son os nosos políticos, aínda que a Xunta está en negociacións co estado para que lle traspase a AP-53, se finalmente se consegue toda a autoestrada Santiago - Ourense se denominará AG-53.--Raposo 22:49, 22 marzo 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Autoestrada Central Galega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 07:27 (UTC)[responder]

División dos artigos[editar a fonte]

Pasara 13 anos despois destas negociacións co intento do traspaso da AP-53 á Xunta de Galicia e non houbo ningún avance, porque pode ser suspendidas as negociacións ou abandonadas. Só se negociara é o traspaso da Autoestrada do Atlántico, AP-9, á Xunta de Galicia con varios intentos errados do traspaso. Así que segundo o catalogo da Rede de Estradas do Estado, a AP-53 consérvase só no tramo entre Santiago de Compostela e Dozón (Alto de Santo Domingo) e o catalogo da Rede de Estradas de Xunta de Galicia, consérvase o tramo entre Dozón e Ourense. Decidín de que debemos de dividir en 2 artigos por separado, para non producir un conflito entre a rede de estradas do Estado e da Xunta de Galicia.

Só ten que especificar oficialmente nos catálogos e non se mesturan entre o Estado e a Xunta de Galicia. E iso afecta a Wikidata que onde lle informan os datos e non permite fusionar a AP-53 e AG-53 por diferentes competencias. Se no futuro, cando se decidirá oficialmente o traspaso da AP-53 á Xunta de Galicia, sexa a publicación do BOE ou DOG, imos fusionar os 2 artigos en 1 articulo. Así que de momento, vou crear un novo articulo para a AG-53. Autopistero20502020 (conversa) 17 de outubro de 2023 ás 06:14 (UTC)[responder]