Mariano Tudela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla de Galiza.svg

Mariano Rodríguez Tudela, coñecido como Mariano Tudela, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1925 e finado en Madrid o 12 de outubro de 2001, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela e Madrid. En 1948 publicou o seu primeiro libro de relatos, La linterna mágica, ao que seguiron dous anos despois a novela curta El hombre de las tres escopetas e, en 1951, a súa primeira novela longa, El torerillo de invierno. Fundou en 1954 con Urbano Lugrís a revista Atlántida. Instalouse en Madrid en 1956, onde colaborou na prensa e foi guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Fundou en 1963 a revista de radio e televisión CAR. Publicou once novelas, cinco libros de contos e cincuenta biografías noveladas (publicadas co pseudónimo de René Luard). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988) e a Medalla de Bronce de Galicia (1998).

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • La linterna mágica, 1948.
  • El hombre de las tres escopetas, 1953.
  • Más que maduro, 1956.
  • El aliento del diablo, 1978.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • La Bella Otero, 1957.
  • Valle-Inclán, vida y milagros, 1969.
  • La Galería Siniestra, 1968-1972.
  • Azorín, 1969.
  • Camilo José Cela, 1970.
  • Vivir en La Coruña, 1976.
  • Álvaro Cebreiro, 1983.
  • Aquellas tertulias de Madrid, 1984.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]