Luís Huici
Luís Huici | |
---|---|
Nacemento | 1896 |
Lugar de nacemento | Provincia de Zaragoza |
Falecemento | 20 de agosto de 1936 |
Lugar de falecemento | Pastoriza |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor e debuxante |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un pintor, debuxante e gravador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun farmacéutico galego e de nai asturiana. Cando morreu o seu pai foi vivir con súa nai a Oviedo, onde aprendeu o oficio de xastre. Instalouse na Coruña cara a 1920. No seu taller celebrábase un parladoiro no que participaban Álvaro Cebreiro, Manuel Crestar, Francisco Miguel Fernández Moratinos, Luís Seoane e José Villaverde Velo. Militante de Izquierda Republicana, foi presidente do grupo Amigos de las Artes Nuevas (ADLAN) e pertenceu ao Centro de Estudios Sociales Germinal. Fundou o primeiro cineclub da Coruña. Foi redactor de El Noroeste e as súas obras publicáronse en La Zarpa, Vida, Galicia, Tonel, Luz e Alfar. Foi asasinado en agosto de 1936.