Alborada (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alborada. Publicación literaria foi unha revista editada en Pontevedra en 1922.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en maio de 1922 e foi unha publicación literaria mensual en galego. Foi fundada por Xoán Vidal Martínez e Amado Carballo, sendo dirixida por Modesto Bará Álvarez con Marcos Cabanillas como redactor-xefe.

Os colaboradores literarios foron: Ramón Cabanillas con "O cabaleiro do Sant Grial" publicou no primeiro volume, e tamén Vicente Risco, Antón Vilar Ponte, Amado Carballo, que publicou "Maliaxe" no volume III, Leandro Carré, Noriega Varela, Francisca Herrera Garrido, Ramón Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres e Antón Losada Diéguez cun conto e unha lenda aparecidas no volume II. Na parte gráfica participaron Castelao, Álvaro Cebreiro e Manuel Méndez Domínguez.

O último número saíu no verán de 1922, coincidindo co 25 de xullo, un volume especial cun editorial asinado por Nós e textos con alusións ao Apóstolo, á natureza, á raza e a Nietzsche. Participaron neste número Euxenio Montes, Risco, Antón Vilar Ponte, Cabanillas, Amado Carballo, Manuel Antonio e Valentín Paz-Andrade.

Foi reeditada en facsímile en 1990 por Sotelo Blanco Edicións.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.