Saltar ao contido

Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Morte: máis de it.wiki
Liña 78: Liña 78:


=== Morte ===
=== Morte ===
A mañá [[20 de xaneiro]] de [[2014]], Raffaella Grimaudo, portavoz da oficina do alcalde de Boloña, anunciaba a morte do director italiano logo dunha longa enfermidade aos 80 anos de idade na súa casa próxima á Piazza Santo Stefano de Boloña.<ref name=BBC/><ref>[http://www.corriere.it/spettacoli/14_gennaio_20/addio-grande-maestro-claudio-abbado-direttore-d-orchestra-morto-80-anni-3286bd52-81b2-11e3-8a88-1094d7bd0d52.shtml Addio al grande maestro Claudio Abbado Il direttore d’orchestra è morto a 80 anni] Corriere.it</ref> A capela ardente, situada na [[Basílica de Santo Stefano (Boloña)|Basílica de Santo Stefano]] de Boloña, abriuse na tarde do [[21 de xaneiro]] e pechou na medianoite do día seguinte. Centenares de boloñeses e admiradores acudiron a darlle a súa despedida ao maestro durante eses dous días. Despois da medianoite, celebrouse unha cerimonia privada para bendecir o seu corpo, que durante esa noite foi incinerado nas proximidades de Boloña.

O [[27 de xaneiro]] de [[2014]], ás 18 horas, o [[Teatro alla Scala]] lembrouno coa interpretación, dirixida por [[Daniel Barenboim]], da ''Marcia funebre (Adagio assai)'' da [[Sinfonía Nº 3 (Beethoven)|terceira Sinfonía ("Eroica")]] de [[Ludwig van Beethoven]]. Nun teatro simbólicamente valeiro e a porta aberta, a Sinfonía fluiu cara a praza ateigada con 8.000 persoas e pechada ao tráfico para a ocasión.<ref>[http://milano.repubblica.it/cronaca/2014/01/27/news/milano_saluta_abbado_con_beethoven_ottomila_applaudono_fuori_dalla_scala-77078094/ Milano saluta Abbado con Beethoven: ottomila applaudono fuori dalla Scala]</ref><ref>[http://www.teatroallascala.org/it/beethoven-per-ricordare-abbado.html Tutti insieme per Abbado]</ref> O evento foi retransmitido en directo para todo o mundo por L'evento è stato trasmesso in diretta mondiale da [[Rai 5]], e sen xeoprotección polo sitio web do Teatro, na páxina de [[YouTube]] e no sitio da [[RAI]].<ref>{{Cita web|url=http://www.squer.it/of/abbado-forever-concerto-youtube-teatro-alla-scala//|título=Il concerto per Abbado al Teatro della Scala su YouTube, Squer.it}}</ref><ref>[http://www.rainews.it/dl/rainews/articoli/Barenboim-omaggio-ad-Abbado-in-diretta-mondiale-su-Rai5-25224493-e52a-4a90-bb76-fb1bcf199639.html Barenboim, omaggio ad Abbado in diretta mondiale su Rai5]</ref>


== Vida persoal ==
== Vida persoal ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2014 ás 22:21

Modelo:Artista musical Claudio Abbado, nado en Milán o 26 de xuño de 1933 e finado en Boloña o 20 de xaneiro de 2014,[1] foi un director de orquestra italiano. En 2013 foi nomeado senador vitalicio no Senado de Italia.[2] Abbado estivo á fronte de catro das institucións máis importantes da música europea, o Teatro alla Scala de Milán, a London Symphony Orchestra, a Wiener Staatsoper, e a Berliner Philharmoniker.[3] O seu interés por formar e achegar a música clásica á xente nova materializouse coa creación da Gustav Mahler Jugendorchester en 1986.[4]

Traxectoria

Primeiros anos

Claudio Abbado naceu en Milán en 1933 no seo dunha familia de músicos. Seu pai, Michelangelo Abbado, era mestre de violín no prestixioso Conservatorio "Giuseppe Verdi" da capital lombarda, e posteriormente director adxunto desta institución; súa nai Maria Carmela Savagnone era pianista e escritora infantil; seu irmán maior, Marcello Abbado, é pianista e compositor, e foi director do conservatorio milanés entre 1972 e 1996.[5] Abbado tiña outros dous irmáns: Luciana Abbado Pestalozza, fundadora do Festival MilanoMusica, e Gabriele Abbado, arquitecto.

A súa vocación musical chegou a unha idade moi curta, como lembraba nunha entrevista a La Symphonie des chefs:

Eu tiña 7 anos; estabamos ás portas da guerra cando asistín, grazas a meu irmán, ao primeiro concerto da miña vida: foi dado en la Scala por un gran artista, Antonio Guarnieri, que dirixía os tres Nocturnes de Claude Debussy. Cando, en "Fêtes", o segundo movemento, escoite as trompetas e as madeiras, sentín un golpe máxico, inesquecible. Coa miña inxenuidade infantil pensei: "Un día, ti tamén, serás capaz de crear esas fabulosas harmonías". Esta revelación convertérase nunha irresistible vocación. Hoxe aínda, adícolle a Debussy unha admiración sen límite: eu hoxe en día tal vez non chegaría a ser o que son sen "Fêtes".

— Entrevista de Claudio Abbado por Robert Parienté en 2002, en La Symphonie des chefs.[6]

O pequeno Claudio foi ver moitos grandes músicos do seu tempo, e lembraba cómo odiaba ver a Toscanini nos ensaios: "El era horrible para as súas orquestras, todo era berrando".[3]

Mais a súa infancia estivo marcada pola ditadura de Mussolini e a Segunda Guerra Mundial no seo dunha familia antifascista que realizou actos de resistencia ao réxime. Durante a Guerra, súa nai foi prendida e torturada por axudar a unha familia xudía a escapar da deportación.[7] O propio Claudio escribiu nunha parede dun edificio público "Viva Bartók", o que motivou que a Gestapo fora en busca do "partidario de Bartók".[3]

Estudios e debut

Recibiu as súas primeiras leccións de música da man de seu pai, quen lle ensinou a el e a seu irmán. Aos 16 anos ingresou no conservatorio milanés, onde estudou piano e composición con Carlo Maria Giulini.[8][9] En 1955 graduouse no Conservatorio "Giuseppe Verdi" de Milán.[10]

Estudou dirección con Hans Swarowsky na Academia de Música de Viena.

Tras gañar a Serge Koussevitzky Competition no Tanglewood Music Festival en 1958, xurdíronlle numerosos compromisos para dirixir óperas en Italia, debutando como director en Trieste.[11] Dende ese momento o éxito da súa carreira, tanto como director sinfónico como operístico, foise incrementando. Nestes inicios como director comezou dirixindo diversas orquestras na súa Italia natal, antes de aceptar invitacións de orquestras estranxeiras na segunda metade dos anos '60.[12][13] Mais noi ata 1960 cando Abbado debutou na súa cidade natal, Milán, no emblemático Teatro alla Scala.[14]

En 1963 gañou o Dimitri Mitropoulos Prize para directores, o que lle permitiu traballar durante cinco meses coa New York Philharmonic.[3] En 1965 debutaba coa Wiener Philharmoniker nun concerto do Festival de Salzburgo,[12] o mesmo ano do seu debut británico coa Hallé Orchestra, así como coa London Symphony Orchestra (orquestra á que voltaría en 1968 para participar no Proms nun programa con obras de Gustav Mahler, Maurice Ravel e Modest Mussorgsky).[3] Ao ano seguinte o facía á fronte da Berliner Philharmoniker.[15]

La Scala

O Teatro alla Scala de Milán.

En 1968, Abbado era designado director permanente do Teatro alla Scala de Milán, onde ocuparía consecutivamente os cargos de director musical (1971), e director artístico (entre 1977 e 1979).[16]

Chegou daquela con 35 anos o seu primeiro contrato como director permanente, antes de ser nomeado director musical en 1971. Os seus vínculos políticos e locais eran valiosos en Milán, onde os sindicatos eran omnipresentes e onde seu irmán Marcello dirixía o Conservatorio. A xubilación do antigo superintendente Antonio Ghiringhelli deixou o camiño aberto á toma de posesión con outros dous "radicais": Paolo Grassi e Massimo Bogianckino. Chegaba deste xeito o momento para o cambio: modificou profundamente a organización dos programas, ampliando o repertorio aos compositores do século XX (concertos "Musica del nostro tempo), alongando a tempada baixando os prezos das entradas. Abriu o teatro durante as seis semanas de peche anual para presentar de xeito gratuíto óperas filmadas aos obreiros, estudantes, escolares que descubriron a ópera. Coa orquestra, ofreceu concertos en fábricas, universidades, escolas superiores, tanto en Milán como noutras cidades como Reggio Emilia (talleres "Musica/realtà").[7][6][17]

En 1979, Abbado deixou a dirección artística, mantendo a dirección musical. Permaneceu neste cargo ata 1986, ano no cal abandonou La Scala, en maio, cunha "Homenaxe a Debussy" xunto co coreógrafo Maurice Béjart,[18] deixando o seu posto ao napolitano Riccardo Muti.

En 1982 fundou a Filarmonica della Scala, unha orquestra independente do teatro que se engarga da tempada sinfónica do mesmo.[16][19] Ademáis, durante o seu período no coliseo milanés fundaría tres institucións para promover a música entre a xente nova e impular a súa formación: a European Community Youth Orchestra (1978), a Chamber Orchestra of Europe (1981) e a Gustav Mahler Jungendorchester (1986).

Milán, Londres e Viena

Director da London Symphony Orchestra (1979-1989), da Wiener Staatsoper de Viena (1986-1991)

Etapa na Berliner Philharmoniker

O Berliner Philharmonie, casa da Berliner Philharmoniker.

En 1989 Abbado sufriu un revés coa conquista da sucesión de Georg Solti á fronte da Chicago Symphony Orchestra por parte de Daniel Barenboim, e a renovación do seu contrato coa Wiener Staatsoper foi negociado nunhas condicións menos favorables que o anterior.[7] A tarde do 8 de outubro de 1989, o violonchelista Klaus Haussler (portavoz da xunta da orquestra) anunciaba a elección de Claudio Abbado como sucesor do falecido Herbert von Karajan á fronte da Berliner Philharmoniker,[20] converténdose no segundo director non austríaco ou alemán despois do romanés Sergiu Celibidache (director da orquestra entre 1945 e 1952). A víspera da votación en Berlín, Abbado se encontraba no medio de negociacións coa New York Philharmonic. Antes dirixira a orquestra por primeira vez o 20 de decembro de 1966 e un total de 36 concertos.[21] Algo máis dun mes máis tarde chegaba o primeiro concerto de Abbado como director principal da orquestra berlinesa, foi o 16 de decembro dese mesmo ano, cun programa no que se interpretaron a Sinfonía Nº 8 en Si menor "Inacabada" de Franz Schubert, Dämmerung de Wolfgang Rihm, a Sinfonía Nº 1 en Re Maior "Titan" de Gustav Mahler.[22]

Con Abbado á fronte celebrábase o 1 de maio de 1991 no Smetana Hall do Obecní dům de Praga o primeiro Concerto Europeo para conmemorar a fundación da orquestra ese mesmo día no ano 1882. O concerto, que foi gravado pola televisión, foi retransmitido en directo para moitos países, e contou coa soprano estadounidense Cheryl Studer e o pianista italiano Bruno Canino.[23][24] Ao mes seguinte dirixía por primeira vez á orquestra berlinesa no Concerto de Waldbühne coa soprano galesa Margaret Price, nun programa no que se escoitaron a Sinfonía Nº 4 en Sol Maior de Gustav Mahler e a Suite de L'oiseau de feu de Ígor Stravinski.[25] Ese mesmo ano, o director italiano dirixía por segunda e última vez na súa vida o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker logo de telo dirixido en 1988.[26]

O 26 de abril de 1992, Abbado dirixía á Berliner Philharmoniker na reapertura da súa casa, o Berliner Philharmonie despois de máis dun ano pechado a causa dunha profunda remodelación,[27] nunha gala na que a orquestra berlinesa interpretaría o Gurrelieder de Arnold Schönberg coa soprano Cheryl Studer, a mezzosoprano Marjana Lipovšek, os tenores Siegfried Jerusalem e Philip Langridge, o baixo Hartmut Welker, Barbara Sukowa na narración, xunto cos coros Ernst Senff, Philharmonic e o Coro da Radio de Berlín.

Na Noitevella de 1996 a Berliner Philharmoniker celebraba un concerto con Abbado á fronte nun programa formado íntegramente por obras de Johannes Brahms, Hector Berlioz e Maurice Ravel xunto coa mezzosoprano Cecilia Bartoli, o violinista Maxim Vengerov, e o Coro da Radio de Suecia.[28][29] Meses máis tarde, o 3 de abril de 1997, Abbado dirixía á fronte da Berliner Philharmoniker o concerto homenaxe a Brahms co gallo do centenario da súa morte, interpretando Ein deutsches Requiem no Musikverein de Viena.[30][31]

Con motivo do 10º aniversario da morte de Herbert von Karajan, o 16 de xullo de 1999, a Berliner Philharmoniker ofrece un concerto homenaxe ao director austriaco baixo a batuta de Claudio Abbado no que se interpretou o Requiem de Mozart na Catedral de Salzburgo (cidade natal de Karajan) coa soprano Karita Mattila, a mezzosoprano Sara Mingardo, o tenor Michael Schade, o baixo-barítono Bryn Terfel, e o coro da Radio de Suecia.[32][33] No ano 2000 diagnosticouselle un cancro de estómago, o que o obrigou a someterse a unha operación na que se lle estirpou a metade do seu sistema dixestivo,[34] dende aquela os seus problemas de saúde tornáronse máis frecuentes e tivo que manter un estricto réxime vital e alimenticio.[35][36]

O 3 de marzo de 2002, dous días despois de ter dirixido o 12º Concerto Europeo en Palermo,[37] a Berliner Philharmoniker e Claudio Abbado embarcábanse nunha xira de despedida do director italiano que duraría dez días e os levaría a Nápoles, Florencia, Ferrara, Brescia, Turín e Viena.[38] Logo desta xira, Abbado finalizaba o seu contrato e deixaba a orquestra despois de tras case 13 anos, sendo sustituído polo británico Simon Rattle, quen xa fora nomeado como o seu sustituto o 23 de xuño de 1999.[39] Abbado abandonaba deste xeito a orquestra despois de ter realizado unha renovación na orquestra berlinesa que a levou a visitar por primeira vez na súa historia Israel (en 1990), os escenarios de Suramérica e a tocar coa banda rock alemá Scorpions na Exposición Universal de Hannóver (estes dous últimos acontecementos no ano 2000).[40][41]

Lucerna e Boloña

Claudio Abbado en Waldbühne (Berlín) en 2008.

En 2003, tras recuperarse do cáncer, Abbado refundou a Lucerne Festival Orchestra,[34] cuxos concertos foron altamente aclamados.[42] Foi tamén director musical e artístico da Orchestra Mozart de Boloña (Italia) dende a súa fundación en 2004 ata a súa morte.[15]

En 2005 comezou a colaborar coa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar do Sistema de Orquestas de Venezuela en Caracas (Venezuela) e A Habana (Cuba).[43]

En setembro de 2007, Abbado anunciaba que cancelaría os seus compromisos futuros como director por consello dos seus médicos,[44] mais dous meses despois reanudou a súa axenda cun compromiso en Boloña.[45] En xullo de 2011 manifestou que se encontraba nun bo estado de saúde.[46]

O 30 de agosto de 2013 era nomeado senador vitalicio polo Senado de Italia polo presidente Giorgio Napolitano, ao mesmo tempo que Carlo Rubbia, Renzo Piano e Elena Cattaneo.[47].

Morte

A mañá 20 de xaneiro de 2014, Raffaella Grimaudo, portavoz da oficina do alcalde de Boloña, anunciaba a morte do director italiano logo dunha longa enfermidade aos 80 anos de idade na súa casa próxima á Piazza Santo Stefano de Boloña.[14][48] A capela ardente, situada na Basílica de Santo Stefano de Boloña, abriuse na tarde do 21 de xaneiro e pechou na medianoite do día seguinte. Centenares de boloñeses e admiradores acudiron a darlle a súa despedida ao maestro durante eses dous días. Despois da medianoite, celebrouse unha cerimonia privada para bendecir o seu corpo, que durante esa noite foi incinerado nas proximidades de Boloña.

O 27 de xaneiro de 2014, ás 18 horas, o Teatro alla Scala lembrouno coa interpretación, dirixida por Daniel Barenboim, da Marcia funebre (Adagio assai) da terceira Sinfonía ("Eroica") de Ludwig van Beethoven. Nun teatro simbólicamente valeiro e a porta aberta, a Sinfonía fluiu cara a praza ateigada con 8.000 persoas e pechada ao tráfico para a ocasión.[49][50] O evento foi retransmitido en directo para todo o mundo por L'evento è stato trasmesso in diretta mondiale da Rai 5, e sen xeoprotección polo sitio web do Teatro, na páxina de YouTube e no sitio da RAI.[51][52]

Vida persoal

O fillo do primeiro matrimonio de Claudio Abbado coa cantante Giovanna Cavazzoni, é o director operístico Daniele Abbado. Os dous tiveron tamén unha filla, Alessandra. Do seu segundo matrimonio con Gabriella Cantalupi naceu o seu fillo Sebastiano. Abbado tamén mantivo unha relación coa violinista rusa Viktoria Mullova, e foi o pai do seu fillo maior, Misha.[53][54][55] O seu sobriño, Roberto Abbado (o fillo do seu irmán Marcello, nado en 1926, que é compositor e pianista), é tamén director de orquestra.

Labor social

Ficheiro:DUDAMEL.jpg
Abbado colaborou coa Orquesta Sinfónica Simón Bolívar e apadriñou ao director venezolano Gustavo Dudamel (ambos na imaxe).

Claudio Abbado foi un ávido defensor dos novos talentos. Froito deste interese polos novos músicos europeos fundou en 1978 a European Community Youth Orchestra, en 1981 a Chamber Orchestra of Europe, e en 1986 en Viena a Gustav Mahler Jungendorchester, tres orquestras que reuniron a músicos de toda Europa e da que posteriormente xurdiu a Mahler Chamber Orchestra.[43] Tamén foi un dos primeiros en apoiar o Sistema de Orquestas de Venezuela fundado por José Antonio Abreu en 1975, e apadriñou ao xove director venezolano Gustavo Dudamel.[56][11]

Abbado foi chamado "revolucionario" na súa Italia natal por levar a cabo iniciativas de difusión da música clásica para que esta puidera chegar a todo o mundo, levándoa aos cárceres o aos pediátricos dos hospitais, ao considerar que "a educación musical é, en realidade, a educación do home".[56]

Discografía

Premios e recoñecementos

Notas

  1. Muere el director de orquesta Claudio Abbado en La Voz de Galicia
  2. El último silencio de Claudio Abbado en El País
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Claudio Abbado - obituary en The Telegraph
  4. Gustav Mahler Jugendorchester Biography
  5. Cronologia dei direttori e presidenti del Conservatorio di Milano
  6. 6,0 6,1 Parienté, Robert (2004). Éditions de La Martinière, ed. La symphonie des chefs. París. p. 249-259. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Lebrecht, Norman (1991). Éditions Jean-Claude Lattès, ed. Maestro. Mythes et réalités des grands chefs d'orchestre. p. 247-258. 
  8. Claudio Abbado en www.biografiasyvidas.com
  9. Randel, Don Michael (1996). "Claudio Abbado". En Belknap Press of Harvard Univ. Press. The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass. p. 1. ISBN 0-674-37299-9. 
  10. Biografía de Claudio Abbado en www.allmusic.com
  11. 11,0 11,1 Fallece el director de orquesta Claudio Abbado en ABC
  12. 12,0 12,1 "Abbadio, Claudio". Encyclopedia Britannica. I: A-Ak - Bayes (15th ed.). Chicago, IL: Encyclopedia Britannica, Inc. 2010. p. 8. ISBN 978-1-59339-837-8
  13. Graybill, Guy (2008). Dante University Press, ed. Bravo! Greatness of italian music. Boston. p. 179. ISBN 978-0-937832-49-3. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  14. 14,0 14,1 Claudio Abbado, renowned Italian conductor, dies at 80
  15. 15,0 15,1 Claudio Abbado no sitio web da Orchestra Mozart
  16. 16,0 16,1 Pascual, Josep (2006). RBA Coleccionables, S.A., ed. Prokofiev - Shostakovich. p. 44. ISBN 84-473-4599-8. 
  17. Die Zeit, 20 de xuño de 2013 (ed.). "Claudio Abbado: Der Fluss des Ganzen" (en alemán). Consultado o 31 de xaneiro de 2014.  Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda).
  18. Il lungo addio di Abbado sotto una pioggia di fiori, La Repubblica, 11 de xuño de 1986
  19. Orchestra Biografia
  20. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Chief conductor Claudio Abbado
  21. Kleinert, Annemarie (2009). Books on Demand, ed. Music at Its Best: The Berlin Philharmonic: From Karajan to Rattle. p. 45-59. 
  22. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Claudio Abbado’s first concert as chief conductor
  23. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. First European Concert: Prague
  24. Concerto Europeo 1991 Fragmento da Sinfonía Nº 29 de Mozart (en YouTube)
  25. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. 8th Waldbühne concert
  26. The History of the New Year's Concert
  27. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Closure of the Philharmonie
  28. HISTORY OF THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. New Year’s Eve with Brahms, Berlioz and Ravel
  29. Concerto de fin de ano Danza húngara Nº 5 de Brahms (en YouTube)
  30. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. 100th anniversary of Brahms’ death in Vienna
  31. Fragmento de Ein deustches Requiem no concerto do centenario da morte de Brahms] (en YouTube)
  32. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Requiem for Herbert von Karajan
  33. Fragmento do Requiem de Mozart no Concerto homenaxe a Karajan (en YouTube
  34. 34,0 34,1 The maestro en The Guardian
  35. Le grand chef d'orchestre Claudio Abbado décédé d'une longue maladie en Lepoint.fr
  36. "Me llamo Claudio, no maestro" en El País
  37. HE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. 12th European Concert: Palermo
  38. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Farewell tour with Abbado
  39. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. Simon Rattle elected as successor to Claudio Abbado
  40. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. First performances in South America
  41. THE BERLINER PHILHARMONIKER THE ERA OF CLAUDIO ABBADO. EXPO 2000 with the “Scorpions”
  42. Andrew Clements (24 August 2007). "Lucerne Festival Orchestra/Abbado (review of Prom 51, 2007)". The Guardian. Consultado o 30 August 2007. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Claudio Abbado no sitio web da GMJO
  44. Daniel J. Wakin (7 September 2007). "Abbado, Ill, Cancels Appearances". New York Times. Consultado o 7 September 2007. 
  45. Matthew Westphal (9 November 2007). "Claudio Abbado Returns to Podium Following Illness". Playbill Arts. Consultado o 11 November 2007. 
  46. Abbado, cautiously, gives himself clean bill of health
  47. (en italiano) « Nominati Abbado, Cattaneo, Piano e Rubbia senatori a vita »
  48. Addio al grande maestro Claudio Abbado Il direttore d’orchestra è morto a 80 anni Corriere.it
  49. Milano saluta Abbado con Beethoven: ottomila applaudono fuori dalla Scala
  50. Tutti insieme per Abbado
  51. "Il concerto per Abbado al Teatro della Scala su YouTube, Squer.it". 
  52. Barenboim, omaggio ad Abbado in diretta mondiale su Rai5
  53. Tim Ashley (2 February 2001). "And this one's by the Bee Gees". The Guardian. Consultado o 30 August 2007. 
  54. Nice, David (20 January 2014). "Claudio Abbado obituary". The Guardian. Consultado o 20 January 2014. 
  55. Di Stefano, Paolo (9 May 2011). "Giovanna Cavazzoni". Corriere della Serra (en Italian). Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  56. 56,0 56,1 56,2 56,3 Murió Claudio Abbado, el "revolucionario" director de orquesta en El Comercio
  57. 57,0 57,1 57,2 57,3 57,4 57,5 57,6 Muere el director de orquesta Claudio Abbado en RTVE
  58. 58,0 58,1 Sito web do Quirinale: dettaglio decorato
  59. 59,0 59,1 Past Winners Search
  60. Wolf Prize

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Predecesor:
Guido Cantelli
 Director musical, Teatro alla Scala, Milán 
1968 - 1986
Sucesor:
Riccardo Muti
Predecesor:
André Previn
 Director principal, London Symphony Orchestra 
1979 - 1987
Sucesor:
Michael Tilson Thomas
Predecesor:
Lorin Maazel
 Director musical, Wiener Staatsoper, Viena 
1986 - 1991
(Claus Helmut Drese, director)
Sucesor:
Eberhard Waechter
Predecesor:
Herbert von Karajan
 Director principal, Berliner Philharmoniker 
1989 - 2002
Sucesor:
Simon Rattle