José Antonio Abreu
José Antonio Abreu Anselmi, nado en Valera (Estado Trujillo) o 7 de maio de 1939 e finado o 24 de marzo de 2018, foi un director de orquestra, compositor, intérprete (pianista, organista, clavecinista) educador, activista e político venezolano. Era de confesión católica, economista summa cum laude e recibiu doutoramentos honoris causa en economía, música, educación e medicina de diversas universidades do mundo. Estaba considerado unha das iconas culturais de Venezuela.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde moi novo, dedicouse á música, estudando con Doralisa Jiménez de Medina en Barquisimeto e máis tarde en Caracas, aos dezanove anos, con Moisés Moleiro, Evencio Castellanos e Vicente Emilio Sojo. Completou estudos en Europa e nos Estados Unidos. Graduouse como economista na Universidade Católica Andrés Bello e desempeñou diversos cargos políticos en Venezuela.
El Sistema
[editar | editar a fonte]Abreu fíxose coñecido pola súa asociación coa docencia da música, como creador de El Sistema. Este programa, aínda vixente, busca proporcionar oportunidades educativas e de desenvolvemento persoal a través da música a nenos e mozos, especialmente aqueles en situacións desfavorecidas. Baixo a dirección de Abreu, El Sistema ten participado en programas de intercambio e de cooperación musical con países de todo o mundo.
En 1975 fundou a Orquesta Sinfónica Nacional Juvenil e a Fundación del Estado para el Sistema Nacional de las Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela (FESNOJIV), unha rede de orquestras infantís, xuveniles e de coros que involucra a miles de rapaces e raparigas.[3] Co mesmo método fundouse a Orquesta Sinfónica de la Juventud Venezolana Simón Bolívar fundada en 1979.
Recibiu o Premio Nacional de Música de Venezuela de 1979 polo seu traballo en El Sistema, e o Príncipe de Asturias de 2008.
Honras
[editar | editar a fonte]Abreu foi galardoado co Premio Nacional de Música Sinfónica en 1967.
Foi homenaxeado co Premio Latin Grammy Trustees 2009, unha honra concedida a personalidades que contribuíron á música pola Academia Latina de Artes y Ciencias de la Grabación.
Tamén recibiu o premio TED.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vulliamy, Ed (2007-07-29). "Orchestral manoeuvres". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Biografía de José Antonio Abreu (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2023-10-24.
- ↑ "Récord mundial en el Poliedro: Gran concierto con 10.701 músicos en homenaje a José Antonio Abreu". Consultado o 2023-10-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Abreu |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Premio Biografía sobre Right Livelihood
- Obra de José Antonio Abreu (Arquivado, en castelán)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |