Wikipedia:Revelación da trama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A Wikipedia é un intento de escribir unha enciclopedia. Cando se discute de arte, tanto en forma de libros, música, arte visual, videoxogos, ou películas, trata de proporcionar un resumo completo dese traballo creativo e do seu lugar na enorme esfera da actividade humana. Para levar a cabo esta tarefa, pode ser preciso discutir o argumento da película na súa totalidade. Moitos libros e películas, non obstante, perden parte do seu impacto dramático se se coñecen os detalles da trama antes de seren lidos ou vistas, en especial, as películas con trazo de argumentos dramáticos.

Constitúe unha parte tradicional da etiqueta en Internet durante estas discusións o ser advertido antes diso (en inglés faise co anuncio de spoilers). Debido a isto e a que non todo o mundo que vén a este sitio web recoñece inmediatamente a Wikipedia como unha enciclopedia, engada por favor o modelo {{Spoiler}} antes de falar en profundidade da trama.