Wikipedia:Políticas e normas
| Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
- Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.
Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.
Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Wikimedia, os usuarios da Galipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "
") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
Índice |
Políticas fundamentais [editar]
- Artigo principal: Wikipedia:Cinco piares.
Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares
fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:
- A Wikipedia é unha enciclopedia
. - A Wikipedia procura o punto de vista neutral
. - A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre
. - A Wikipedia posúe unhas normas de conduta
. - A Wikipedia non ten regras fixas
.
Normas relacionadas co punto de vista neutral [editar]
Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
- Busque o punto de vista neutral
. - Comprobe que todo sexa verificable.
- Cite as fontes.
- Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo.
- A Wikipedia non é unha fonte primaria.
- Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista.
- Non xogue co sistema.
Normas relacionadas coa boa conduta [editar]
A convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta
e as cousas que non se deben facer. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Compórtese civicamente.
- Presupoña a boa fe por parte dos demais.
- Non cree bandos nin use monicreques
. - Non entre en guerras de edición
. - Non rompa a edición.
- Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
.
Normas relacionadas co estilo [editar]
Normas relacionadas cos procedementos de elección [editar]
Normas relacionadas coa administración [editar]
- Tipos especiais de usuarios:
- Borrado de artigos:
- Creación e tratamento de imaxes:
- Política de protección de datos
.