Wikipedia:Homónimos
Con frecuencia atopamos ligazóns que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos (palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual). Para evitar iso existen as páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima.
Pódese ver unha lista das páxinas de homónimos na: Categoría:Homónimos.
Nesas páxinas inclúese a seguinte mensaxe:
Como crear unha páxina de homónimos [editar]
Primeiro créase unha páxina normal.
Para incluír esa mensaxe na páxina existe un modelo chamado {{Homónimos}} que fai que a páxina apareza automaticamente na lista da categoría Homónimos. Só hai que escribir na parte superior da páxina {{Homónimos}} (lembre non se debe copiar o texto da mensaxe na páxina, abonda con introducir {{Homónimos}}).
Referencias nas páxinas [editar]
Pódese anunciar a existencia de páxinas homónimas empregando o marcador {{Outroshomónimos}}, como aparece, por exemplo, no artigo Tempo.
Ferramenta [editar]
Na Wikipedia existe unha ferramenta detectora de homónimos que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos.
|
|