Wikipedia:Biografías de persoas vivas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta non é unha política ou norma oficial da Galipedia. Trátase dunha proposta que se está a desenvolver ou debater e que terá que ser votada antes de poder converterse en oficial. Por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nesta proposta. |
Débese ser extremadamente escrupuloso ao incluír contido biográfico en calquera páxina da Galipedia. O cumprimento das normas ten que ser estrito no que concerne a:
Todo o material incluído debe estar apoiado en referencias fiábeis, pero se se inclúe contido conflitivo este ten que incluír referencias fiábeis ou será borrado inmediatamente e sen discusión previa.
Terase especial coidado co contido non enciclopédico e o relativo á vida privada das persoas, que debe ser evitado se non existiren razóns importantes para a súa inclusión.