Wikipedia:Caixas de usuario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha etiqueta de usuario ou userbox (caixa de usuario), é unha pequena caixa de cores que permite aos usuarios engadir pequenas mensaxes nas súas páxinas de usuario. Son unha adaptación das caixas de Babel usadas para informar dos coñecementos idiomáticos dos usuarios e simplificar a interacción entre varias Wikipedias, ou dentro do mesmo proxecto. A política actual na Galipedia, mentres non se tome unha decisión definitiva, é que aquelas caixas que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía,... comprometen a neutralidade. A clasificación dos usuarios en categorías, condicións ideolóxicas e/ou vitais é unha demostrada orixe, dado o acontecido noutras wikipedias, de conflitos irreversibles, dá pé a prexuízos e crea divisións entre os colaboradores.
[editar] Lista de caixas de usuario
Para unha lista das caixas de usuario que existen actualmente na Galipedia pode ver: Wikipedia:Lista de Caixas de usuario

