Wikipedia:Votacións

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Isto é unha política oficial da Galipedia.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar
que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
  • Votacións para borrar
    • Borrar Imaxes (2/3 dos votos)
    • Borrar Artigos (2/3 dos votos)
  • Artigos destacados na Portada
    • Artigos destacado (2/3 dos votos). 15 días de votación. 5 votos mínimos a favor
    • Sobre Galicia (2/3 dos votos). 15 días de votación. 5 votos mínimos a favor
  • Imaxe destacada (2/3 dos votos). 15 días de votación. 5 votos mínimos a favor
  • Aprobación de Bots (3/4 dos votos). 7 días mínimo de votación. 3 votos mínimos a favor
  • Votacións para a administración (3/4 dos votos)
  • Revogacións dos permisos de administrador (maioría simple)
  • Políticas da Galipedia (3/4 de votos)

Unha votación é a maneira que ten a comunidade de chegar a unha decisión sobre un determinado asunto. Dáse preferencia ao consenso, pero cando non se acada débese establecer unha votación.

Índice

[editar] Como crear a votación

Unha votación débese crear como subpáxina de Wikipedia:Votacións, usando un título que describa con precisión a votación. Por exemplo, Wikipedia:Votacións/Imaxes e copyright. Na parte superior da páxina débese incluír o marcador {{Wikipedia/Votación}}, no que se incluirá un resumo e as datas de inicio e de fin. Por exemplo: {{Wikipedia/Votación|resumo=Título breve|data de inicio|data de fin}}.

Prazo: Quen propoña a votación establecerá o prazo no que se desenvolverá, que non poderá ser inferior a 10 días nin superior a 30.

[editar] Quen pode votar?

Poden participar os usuarios rexistrados con máis de 150 contribucións válidas nos artigos e que teñan unha antigüidade de 60 días a contar dende a primeira edición e antes do inicio da votación.

Estas limitacións permiten que os wikipedistas que deciden os destinos da comunidade teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade.

Para saber se cumpres estes requisitos podes consultalo introducindo o teu nome de usuario na páxina: Contador de edicións.

[editar] Como pechar a votación

Ao remate do prazo estipulado, cambiarase o marcador {{Wikipedia/Votación}} para o seguinte:

{{Wikipedia/Votación pechada|resumo=Título breve|inicio=data de inicio|fin=data de fin|si=xxx|non=yyy|neutro=zzz|conclusión=aprobado/rexeitado/outra}}.

Xxx, yyy e zzz débense substituír polos valores dos votos a favor, en contra e neutros, respectivamente.

O resumo deberase inscribir, coa ligazón, na páxina Wikipedia:Resultados de votacións.

Cada votación debe constar nun rexistro propio para garantir que os usuarios coñezan a súa existencia e que o seu resultado sexa realmente unha decisión popular.

[editar] Votacións en curso

As votacións abertas neste momento aparecen na categoría Wikipedia:Votacións en curso.

Ferramentas persoais