Wikipedia:Bots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para as instrucións técnicas, vexa Axuda:Usar bots. Por favor, teña moito coidado.
Para solicitar a aprobación dun bot vaia a / To requests approval for your bot go to Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación.
Un bot a funcionar. Inclúe os artigos sobre papas na Categoría:Papas.

Os bots (apócope de robot) son pequenos programas informáticos que interactúan coa Wikipedia a través da World Wide Web. Como as políticas e normas da Wikipedia desaconsellan o uso de bots, por favor lea as normas que aparecen a continuación antes de deseñar e poñer a funcionar un bot na Galipedia.

Na Galipedia, polo xeral, prefírese confiar nas entradas e edicións dunha persoa, e só aqueles bots deseñados coidadosamente están permitidos. Aínda que os bots son capaces de faceren unha chea de traballo, consomen recursos do sistema e inflúen na súa capacidade de manterse funcionando correctamente, tanto técnica como intelectualmente. Os bots poden empregarse para engadir ou xerar artigos, e tamén poden usarse para editar ou incluso destruír artigos: vexa tipos de bots (en inglés) e historia dos bots na Wikipedia (en inglés). Os bots ben deseñados poden proporcionar vantaxes concretas ao proxecto da Wikipedia, non obstante mesmo os bos bots teñen algúns inconvenientes.

Nesta páxina non se explica como crear ou utilizar bots; para iso vexa as referencias ao final do artigo. Tampouco se debe utilizar para pedir autorización para executar un bot ou para rexistralo.

Este bot, en funcionamento semiautomático, supervisado polo seu operador, está a corrixir inluenza con influencia.

Os usos máis habituais dos bots na Galipedia son:

  • Facer correccións ortográficas
  • Trasladar artigos de categoría
  • Actualizar páxinas de estatísticas

Máis usos son:

Outros bots son quen, tamén, de:

Políticas e normas actuais sobre operar cos bots[editar a fonte]

Antes de poñer a funcionar un bot, debe solicitar a aprobación en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Expoña de xeito preciso o que o bot vai facer e póñao a funcionar por un curto período de tempo para que poida ser monitorizado. Espere unha semana para a que remate a votación. Despois deste período, se foi aprobado, un burócrata outorgarálle a bandeira de bot.

  1. Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
  2. Os novos bots deben funcionar sen marcar para que os colaboradores poidan controlar o que están facendo.
  3. Ata que os novos bots sexan aprobados deben esperar entre 30 e 60 segundos entre cada edición. Despois de aceptalos e de que un burócrata os marque como bots, deben deixar pasar 10 segundos entre cada edición. Recoméndase que os bots se tomen máis tempo durante as horas punta; idealmente, deberíanse pór a traballar en momentos de pouco tráfico na rede. Consulte a páxina de cambios recentes para ver que en que horas hai menos edicións na Galipedia.
  4. Non se deben utilizar correctores ortográficos automáticos sen presenza humana. Resulta imposíbel tecnicamente poder crear un bot deste tipo que non faga correccións erradas.
  5. O operador debería estar diante do ordenador desde o que opere o bot, preparado para detelo inmediatamente no caso de que se presenten problemas ou para dar explicacións se o bloquean a causa das modificacións que realice.
  • Se ten a intención de utilizar un programa de baixada masiva de páxinas para obter unha copia local da Galipedia, non se moleste: pódea obter máis facilmente como baleirado da base de datos.

É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:

  1. O bot é inocuo
  2. O bot é útil
  3. O bot non é unha carga para os nosos recursos
  4. O bot foi aprobado

Para as petición de bots utilice a páxina: Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. No momento de facer a petición ábrese un prazo de unha semana para sometela a votación.

Os bots e os cambios recentes[editar a fonte]

Houbo queixas xerais acerca das interferencias coas contribucións normais, en especial nos cambios recentes.

En resposta á demanda dos usuarios, incluíuse unha opción para agochar as edicións dos bots rexistrados na lista de cambios recentes; vexa a lista de abaixo para os bots rexistrados. Para incluír as edicións dos bots nos cambios recentes, engada manualmente hidebots=0 ao enderezo da barra de enderezos do navegador, ou prema en "Amosar os bots" na parte superior da páxina de cambios recentes.

Bots rexistrados actualmente en funcionamento na Galipedia[editar a fonte]

Corrección ortográfica cun bot usando o Wikipedia:JavascriptWikiBrowser.

Na Galipedia hai 25 bots aprobados. A lista pode consultarse en: Especial:Lista de usuarios/bot.

Bots funcionando sen estaren marcados[editar a fonte]

Estes bots execútanse manualmente, baixo control directo do usuario, sen un identificador específico de bots, e aparecen nos cambios recentes. Os bots listados aquí deberían esperar un tempo entre modificacións de 30 a 60 segundos até recibiren a aprobación final. As conversas relativas a estes bots hainas que ter na páxina do bot.

Vantaxes e inconvenientes[editar a fonte]

Teña en conta que esta sección trata concretamente do tipo de bot que, como Rambot, engade grandes cantidades de artigos de formato semellante baseados nunha fonte de datos externa. Este tipo de bots non se utilizou aínda na Galipedia.

Vantaxes dos bots[editar a fonte]

  • Fornece un modelo bo de datos preformatados para os wikipedistas.
  • En principio fornece un recurso único non dispoñíbel noutros lugares da web.
  • Fornece unha cobertura completa en casos nos que un subconxunto, indeterminábel a priori dos datos ten unha grande probabilidade de ser (ou converterse) en interesante mesmo se unha entrada escollida ao chou ten pouca probabilidade de ser interesante ou útil.
  • Pode realizar tarefas que resultarían aburridas e encerelladas para unha persoa, tal e como enviar unha grande cantidade de imaxes.

Desvantaxes inherentes á utilización de bots no sistema actual[editar a fonte]

  • Pódense engadir centos de entradas na Wikipedia que moi posibelmente non van ser revisadas por unha persoa en certo tempo.
  • Inflan artificialmente a actividade percibida da Galipedia.
  • Pódese considerar que inclinan o carácter da Wikipedia de ser unha enciclopedia a ser un anuario ou unha referencia de trivialidades.
  • Existe o perigo de abuso por parte de "vanda-bots" ou simples bots ignorantes. Un bot que se execute sen control humano directo pode chegar a crear cargas excesivas nos servidores ou mesmo un ataque de denegación de servizo.

Software útil para facer bots[editar a fonte]

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas[editar a fonte]