Wikipedia:Aviso de risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Advertencia xeral · Aviso de risco · Aviso médico · Aviso legal · Aviso de contido


USE A WIKIPEDIA BAIXO A SÚA RESPONSABILIDADE

POR FAVOR, TEÑA EN CONTA QUE CALQUERA INFORMACIÓN QUE POIDA ATOPAR NA WIKIPEDIA PODE SER INEXACTA, ENGANOSA, PERIGOSA, ADICTIVA, POUCO ÉTICA OU ILEGAL.

Algunha información que estea na Wikipedia pode crear un risco para os lectores que escollan aplicar ou usar a información nas súas propias actividades ou para promocionala para ser usada por terceiros.

Ningún dos autores, contribuíntes, patrocinadores, administradores, vándalos ou calquera outra persoa que garde relación coa Wikipedia de calquera xeito, pode ser responsable do uso que vostede lle dea á información que esta contén ou que liga con ou desde outras páxinas web.

Por favor, tome as medidas precisas para asegurarse de que a información que obtén da Wikipedia é correcta e foi verificada. Comprobe as referencias que hai ao final do artigo. Lea a páxina de conversa e mais o historial de revisións para ver ser hai conflitos pendentes sobre os contidos do artigo. Comprobe dúas veces toda a información, contrastándoa con fontes independentes.

Se un artigo contén suxestións sobre actividades perigosas, ilegais ou non éticas, lembre que calquera pode engadir a devandita información á Wikipedia. Os autores poden non ter a suficiente cualificación para proporcionar a información completa ou para informar sobre precaucións de seguridade adecuadas e outras medidas para previr lesións ou outro dano á súa persoa, propiedade ou reputación. Se necesita algún consello específico (por exemplo, médico, legal, financeiro ou xestión de riscos), por favor, busque un profesional licenciado ou competente nesa área.

A Wikipedia non é revisada uniformemente; se ben os lectores poden corrixir erros ou eliminar suxestións erróneas, non teñen a obriga legal de facelo. Toda a información que aquí se pode atopar non ten garantía de que sexa veraz para calquera propósito ou uso.

Non se pode reclamar á Wikipedia calquera dano sufrido, xa que é unha asociación voluntaria formada por individuos co obxectivo de crear recursos informativos, de licenza libre, educativos e culturais. Esta información está séndolle proporcionada de xeito gratuíto e non existe acordo ou entendemento entre vostede e mais a Wikipedia con respecto ao seu uso ou modificación da súa información máis aló da licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 (CC-BY-SA) e a licenza de documentación libre de GNU (GFDL).

NON CONFÍE PLENAMENTE EN CALQUERA INFORMACIÓN QUE SE ATOPE NA WIKIPEDIA SEN UNHA VERIFICACIÓN INDEPENDENTE.