Wikipedia:Cinco piares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallos:
WP:CINCO
WP:PIARES

Todas as políticas oficiais da Wikipedia poden ser resumidas en cinco piares que definen o carácter do proxecto. Deste xeito, todas as políticas débense basear nestes principios.

BluePillar.svg
A Wikipedia é unha enciclopedia que abrangue elementos das enciclopedias xerais e especializadas, dos almanaques e dos boletíns oficiais. Todos os artigos deben ser verificables: o material non referenciado pode ser eliminado, así que o mellor é achegar fontes. A Wikipedia non é lugar para expresar opinións persoais, experiencias ou argumentos. As ideas orixinais, interpretacións ou investigacións non poden ser verificables, e polo tanto son inapropiadas. A Wikipedia non é un conxunto de páxinas autopromocionais; unha plataforma de publicidade; un experimento de anarquía ou democracia; unha colección indiscriminada de información; nin un directorio de ligazóns. Non é un xornal ou unha colección de documentos fonte; este tipo de contido debería ser incluído no proxecto irmán da Wikimedia correspondente.
 
GreenPillar.svg
A Wikipedia ten un punto de vista neutral, o que quere dicir que o que se pescuda é acadar non só un punto de vista particular nos artigos. Ás veces, é necesaria a presentación de diversos puntos de vista, facéndoo de xeito preciso e contextualizada, ademais de prescindir dun como "o verdadeiro" ou "o mellor". Isto implica a citación de fontes reputadas e verificables sempre que sexa necesario, sobre todo en casos relacionados con temas controvertidos. Cando un conflito faga non ter a neutralidade, declare o artigo como non neutral na súa páxina de conversa, explicando os motivos.
 
YellowPillar.svg
A Wikipedia é de contido libre a cal calquera pode editar. Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0, e por conseguinte pode ser distribuído ou ligado. Nótese que os artigos poden ser cambiados por calquera e que non existe ningún control individual exclusivo de calquera artigo; por esa razón, calquera escrito co que se contribúa pode ser editado e redistribuído sen piedade no futuro pola comunidade. Non infrinxa os dereitos de autoría ou envíe traballos ou obras con licenzas que non sexan compatibles con CC-BY-SA.
 
OrangePillar.svg
A Wikipedia posúe unhas normas de conduta: respecte os seus compañeiros wikipedistas incluso cando non estea de acordo con eles. Compórtese civilizadamente. Evite os conflitos de interese, ataques persoais e as xeneralizacións radicais. Busque o consenso, evite as guerras de edicións, siga a regra das tres reversións, e recorde que existen 118.044 artigos na Galipedia cos que pode traballar. Sempre hai que presupoñer a boa fe, e non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista. Sexa aberto e non trabe os novatos.
 
RedPillar.svg
A Wikipedia non ten regras fixas alén dos cinco principios básicos aquí enunciados. Sexa valente creando, trasladando e modificando artigos. Aínda que o obxectivo sexa ese, non é necesario acadar a perfección. Non se preocupe se comete erros. Na meirande parte das veces, todas as versións vellas dos artigos quedan gardadas nun historial, así que non hai forma de que se poida estragar por accidente a Wikipedia ou destruír o seu contido irremediablemente.