Axuda:Introdución ás políticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Políticas e normas   Contidos   Conduta   Resumo    
Atallo:
INTRO:POLÍTICAS
Nuvola apps bookcase pastel.png

O principal obxectivo da Wikipedia é o de proporcionar unha enciclopedia libre de boa calidade. Non obstante, e malia que a Wikipedia non ten demasiadas regras estritas, baséase en cinco principios fundamentais. A comunidade da Wikipedia é a encargada de desenvolver as políticas e mais as normas que a rexen para clarificar estes alicerces e describir o mellor xeito de aplicalos, resolver conflitos e acadar o fin último que é crear unha enciclopedia veraz.

O prefixo "Wikipedia:" axudará a recoñecer unha política oficial.

En esencia, as políticas expresan os principios fundamentais da Wikipedia en máis detalle, mentres que as normas aconsellan sobre a aplicación destas políticas para proporcionar unha maior consistencia en todos os artigos. As políticas e normas formais pódense identificar polo aviso que aparece ao comezo da súa páxina e o prefixo "Wikipedia:" antes do nome da páxina.

Aínda que existen moitas políticas, non é posible que cadaquén as saiba todas! Por sorte, hai un pequeno feixe no que se basean as demais. As vindeiras páxinas describen as máis significativas, é dicir, as que representan o espírito xeral das regras da Wikipedia. É unha boa idea seguilas, xa que máis adiante as conversas e mais a edición serán máis sinxelas e produtivas.

Seguinte: Aprende sobre os contidos!