Wikipedia:Asuma a boa fe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Políticas e normas
Os cinco piares
O que a Wikipedia non é
Normas de obxectividade
O punto de vista neutral
Verificabilidade
Citar as fontes
Promoción e gloria va
A Wikipedia non é unha fonte primaria
Sabotaxe para apoiar o seu punto de vista
Xogar co sistema
Normas de conduta
Cousas que non se deben facer
Asuma a boa fe
Civismo
Monicreques
Guerra de edicións
Romper a edición
Asinar as mensaxes nas páxinas de conversa

Asumir a boa fe, presupoñer a boa fe, é un principio fundamental en calquera ambiente colaborativo, así como en calquera wiki, incluíndo a Wikipedia. Como permitimos a edición por calquera persoa, asumimos que a maioría das persoas que traballan no proxecto están a tentar axudar o proxecto, non prexudicalo. Se isto non fose verdade, un proxecto como a Wikipedia estaría condenado desde o principio.

Así, cando se poida asumir que algo é un erro ben intencionado, corríxeo en vez de simplemente revertilo ou chamalo vandalismo. Cando discordes de alguén, lembra que el probabelmente considera que está a axudar no proxecto. Considera usar as páxinas de conversa para te explicares e dalle aos outros a oportunidade de facer o mesmo. Desta forma podemos evitar malentendidos e prevenir a escalada dos problemas. Debes ser particularmente paciente cos novatos, que estarán pouco familiarizados coa cultura e as regras da Wikipedia.

O comportamento irregular dun principiante parécelle apropiado a el mesmo e normalmente indica o descoñecemento ou a mala comprensión da cultura da Wikipedia. É frecuente que un principiante considere que unha política que non lle é familiar deba alterarse para adaptarse á súa experiencia noutro sitio. Do mesmo xeito, moitos novatos traen canda si experiencia e coñecementos dos cales esperan respecto. Os comportamentos resultantes destas espectativas non son necesariamente malévolos.

Asumir a boa fe é sobre intencións, non sobre accións. As persoas ben intencionadas cometen erros, e debes corrixilas cando o fan. O que non debes facer é actuar como se o seu erro fose deliberado. Corríxeo pero non o castigues. Haberá persoas na Wikipedia coas cales non concordas. Mesmo que estas estean erradas, iso non significa que elas estean a tentar estragar o proxecto. Haberá incluso persoas coas cales encontrarás que é difícil de traballar. Iso pode significar simplemente que tales persoas non teñen afinidade contigo. Non é necesario que atribuamos a un editor accións por mala fe, ainda que esa mala fe sexa (aparentemente) obvia. Todas as nosas contramedidas (por exemplo: reverter, bloquear) poden realizarse en base a comportamentos e non a intencións.

Claro que existe unha diferenza entre asumir a boa fe e ignorar as malas accións. Se esperas que as persoas asuman en ti a boa fe, asegúrate de demostralo. Non coloques a obriga nos outros. Berrar "asume a boa fe" ás persoas non te desculpa de non explicares as túas accións, e tornar esta falta de explicación nun hábito convencerá as persoas que estás a actuar de mala fe.

Cando unha guerra de edicións arrecia, é fácil esquecérmonos de asumir a boa fe.

Se asumes a mala fe, poden acontecer, por exemplo:

  • Ataques persoais: Unha vez que realizas un ataque persoal, o branco probabelmente asumirá a mala fe en ti. A guerra de edicións tornarase aínda pior.
  • Perder de vista a política de NPOV (punto de vista neutral). O ideal é facer os artigos aceptábeis para todos. Cada reversión (en vez de cambio) dunha edición nesgada é unha derrota do NPOV, non importa o estrondosa que fose a edición. Considera descubrir por que a outra persoa sentiu que o artigo estaba sendo nesgado. Entón, se é posíbel, tenta integrar o teu punto de vista, pero nos termos que ti consideres neutro. Se cada lado practica isto entón atoparedes o NPOV ou algo máis ou menos semellante.

Corrixir o erro dalguén (mesmo que pense que é deliberado) é mellor que acusalo de mentir, pois a persoa non reaccionará ben á acusación. Correxir unha frase engadida que sabes que está errada é moito mellor que borrala directamente.

Esta recomendación non require que os editores sigan crendo na boa fe ante a proba do contrario. O vandalismo, os ataques persoais e as guerras de edición poden causar a perda da boa fe.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

  • Outras políticas relacionadas e recomendacións aconsellando o que facer e o que non, para axudar a demostrar que está a editar de boa fe:
en español


en inglés

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais