Il corsaro
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Il corsaro O corsario |
|
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Francesco Maria Piave |
| Fontes literarias | Lord Byron: The Corsaire. |
| Estrea | 25 de outubro de 1848 |
| Teatro da estrea | Teatro Grande |
| Lugar da estrea | Trieste |
| Duración | 2 horas |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
Il corsaro (en galego O corsario) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado no poema The Corsair de Lord Byron. Foi estreada o 25 de outubro de 1848 no Teatro Grande de Trieste baixo a batuta de Luigi Ricci.
O compositor expresou o seu interese polo poema de Byron The Corsaire xa no ano 1844, mais pasaron varios anos antes de que chegase a compoñer a ópera, traballando cun libreto de Francesco Maria Piave. Mentres tanto, Verdi viuse no medio dunha loita entre dous editores que se peleaban pola súa obra. Il corsaro foi escrita para o editor que perdeu esa batalla —alo menos aos ollos do compositor— e Verdi pode ter estado ansioso de superalo. En calquera dos casos, cando finalizou a partitura en 1848 e a entregou ao editor, aparéntemente non tiña idea de cándo ou ónde se estrearía. Cando se estreou no Teatro Grande (actualmente Teatro Verdi de Trieste máis tarde aquel ano, Verdi non atendeu a estrea. Pode que soubera exactamente o que estaba a facer. Ao final, resultou que a ópera foi mal recibida —algo insólito en Verdi-. Pronto caeu no esquecemento.[1]
Il corsaro é unha das obras menos coñecidas de Verdi, e nela presenta moitos elementos propios do romanticismo. Os protagonistas son dúas parellas: por unha banda Corrado e a súa amada Medora, e pola outra o pachá otomán Seid e a súa escrava favorita Gulnara. Se trata de una obra con muchos momentos de gran belleza y lirismoEsta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.
Segundo o propio Verdi: "Ha de verse Il corsaro con perspectiva, xa que é unha obra de transición na que apuntaba cousas que logo desenvolvería en La traviata e Otello".
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 25 de outubro de 1848[2] (Director: Luigi Ricci[3]) |
|---|---|---|
| Corrado, capitán dos piratas | tenor | Gaetano Fraschini |
| Medora, xove amante de Corrado | soprano | Carolina Volpini |
| Pasha Seid, pachá de Coron | barítono | Achille De Bassini |
| Gulnara, escrava favorita de Seid | soprano | Marianna Barbieri-Nini |
| Giovanni, un pirata | baixo | Giovanni Volpini |
| Aga Selimo, oficial do pachá | tenor | Giovanni Petrovich |
| Un eunuco negro | tenor | Francesco Cucchiari |
| Escravo | tenor | Stefano Albanassich |
Notas [editar]
- ↑ "The World of Opera"
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 362.
- ↑ Zucker, Stefan en belcantosociety.org]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||