La battaglia di Legnano
| La battaglia di Legnano A batalla de Legnano |
|
|---|---|
A batalla de Legnano nun cadro de Amos Cassioli (1832-1891). |
|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 4 actos |
| Italiano | |
| Libretista | Salvatore Cammarano |
| Fontes literarias | Joseph Méry: La bataille de Toulouse (1828) |
| Estrea | 27 de xaneiro de 1849 |
| Teatro da estrea | Teatro Argentina |
| Lugar da estrea | Roma |
| Duración | 110 minutos |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
| Personaxes | |
|
Federico Barbarroxa (baixo) |
|
La battaglia di Legnano (en galego A batalla de Legnano) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de Joseph Méry La bataille de Toulouse (1828). Esta ópera foi estreada no Teatro Argentina de Roma o 27 de xaneiro de 1849. Mentres que a estrea foi un éxito, a ópera fracasou na súa produción en Xénova en 1850.[1]
Actualmente esta ópera case non se representa, nas estatísticas de Operabase aparece cunha única representación no período 2005-2010.
Índice |
Personaxes [editar]
| Personaxe | Tesitura | Reparto na estrea, 27 de xaneiro de 1849[2] (Director: - ) |
|---|---|---|
| Federico Barbarroxa, emperador romano-xermánico | baixo | Pietro Sottovia |
| Primeiro cónsul de Milán | baixo | Alessandro Lanzoni |
| Segundo cónsul de Milán | baixo | Achille Testi |
| Alcalde de Como | baixo | Filippo Giannini |
| Rolando, líder milanés | barítono | Filippo Colini |
| Lida, súa dona | soprano | Teresa De Giuli-Borsi |
| Arrigo, guerreiro veronés | tenor | Gaetano Fraschini |
| Marcovaldo, prisioneiro alemán | barítono | Lodovico Butia |
| Imelda, sirviente de Lida | mezzosoprano | Vincenza Marchesi |
| Cabaleiro de Arrigo | tenor | Mariano Conti |
| Un heraldo | tenor | Gaetano Ferri |
| Cabaleiros de morte, maxistrados e líderes de Como, senadores e povo de Milán, guerreiros de Verona, Brescia, Novara, Piacenza e Milán, e o exército alemán | ||
Argumento [editar]
A acción ten lugar en Milán (actos I, III e IV) e en Como (acto II) durante o mes de maio do ano 1176.
Os soldados milaneses defenden a cidade baixo o mando de Rolando. Reencontra ao seu amigo veronés Arrigo, dado por morto durante a batalla. Arrigo atópase de novo con Lida, noutro momento a súa prometida, pero que agora, por vontade do seu pai, casou con Rolando.
Arrigo, cedendo á suerte, entra na «Compañía da Morte», o escuadrón de cabaleiría chamado á defensa de Carroccio, a pesar dunha carta angustiada de Lida, que tenta disuadilo.
Entrementres Rolando, que se prepara para ir ao combate, é abordado por Marcovaldo, un soldado alemán prisioneiro, que lle entrega a carta de Lida a Arrigo. A cólera de Rolando faino inclinarse pola vinganza. Sorprendendo a Lida e Arrigo en plena conversa, fai encerrar ao seu «rival» nunha torre.
Arrigo, que non pode responder á chamada do seu escuadrón e queda deshonrado, tírase dende unha fiestra ás augas do río. Mentres Lida e mulleres milanesas rezan a Deos polos soldados, Barbarroxa é derrotado na batalla de Legnano.
Entre os soldados que retornan victoriosos, atópase Arrigo, gravemente ferido, quen, logo de ter perdoado a Lida, morre, suxeitando contra o seu corazón o estandarte de Carroccio.
Estrutura [editar]
- Sinfonia
Acto I [editar]
- 1 Introduzione
- Coro Viva Italia! un sacro patto (Coro) Scena I
- Scena O magnanima e prima (Arrigo) Scena I
- Cavatina La pia materna mano (Arrigo) Scena I
- Scena Ecco Rolando!... (Arrigo, Rolando) Scena II
- Romanza Ah! m'abbraccia... d'esultanza (Rolando) Scena II
- Scena Giulive trombe! (Coro, Rolando, primo e secondo console) Scena III
- Giuramento Tutti giuriam difenderla (Arrigo, Rolando, Coro) Scena III
- 2 Coro, Scena e Cavatina di Lida
- Coro Plaude all'arrivo Milan dei forti (Donne) Scena IV
- Scena Voi lo diceste, amiche (Lida) Scena IV
- Cavatina Quante volte come un dono (Lida) Scena IV
- Tempo di mezzo Che, signor! Tu qui? Tu stesso? (Lida, Marcovaldo, Imelda) Scena V-VI
- Cabaletta A frenarti, o cor, nel petto (Lida, Marcovaldo, Imelda, Donne) Scena VI
- 3 Scena e Duetto di Arrigo e Lida
- Scena Sposa... (Oh momento!) (Rolando, Lida, Arrigo, Marcovaldo) Scena VII-VIII
- Duetto È ver? Sei d'altri?... Ed essere (Arrigo, Lida) Scena VIII
Acto II [editar]
- 4 Coro, Scena e Duetto
- Coro Udiste? La grande, la forte Milano (Coro) Scena I
- Scena Invia la baldanzosa (Podestà, Rolando, Coro) Scena II-III
- Duetto Ben vi scorgo nel sembiante (Rolando, Arrigo) Scena III
- Finale II Favellaste acerbi detti! (Podestà, Rolando, Arrigo, Federico) Scena III-IV
- Quartetto nel Finale II A che smarriti e pallidi (Federico, Podestà, Rolando, Arrigo) Scena IV
- Scena nel Finale II Le mie possenti armate (Federico, Rolando, Arrigo, Coro) Scena IV
- Stretta del Finale II Il destino d'Italia son io! (Federico, Rolando, Arrigo, Podestà, Coro) Scena IV
Acto III [editar]
- 5 Coro, Recitativo e Giuramento
- Coro d'Introduzione Fra queste dense tenebre (Cavalieri) Scena I
- Recitativo Campioni della Morte, un altro labbro (Arrigo, Cavalieri) Scena II
- Giuramento Giuriam d'Italia por fine ai danni (Arrigo, Cavalieri) Scena II
- 6 Scena e Duetto di Rolando e Lida
- Scena Lida, Lida?... Ove corri? (Imelda, Lida, Rolando) Scena III-IV
- Duetto Digli ch'è sangue italico (Rolando, Lida) Scena IV
- 7 Scena e Aria di Rolando
- Scena Tu m'appellavi... (Arrigo, Rolando) Scena V
- Aria Se al nuovo dì pugnando (Rolando, Arrigo) Scena V
- Tempo di mezzo A me lo giura. (Rolando, Marcovaldo) Scena V-VI
- Cabaletta Ahi! scellerate alme d'inferno (Rolando) Scena VI
- 8 Scena, Terzetto e Finale III
- Scena Regna la notte ancor (Arrigo, Lida, Rolando) Scena VII-VIII-IX-X
- Terzetto Vendetta d'un momento (Rolando, Arrigo, Lida) Scena X
- Tempo di mezzo Le trombe i prodi appellano... (Rolando, Arrigo, Lida) Scena X
- Stretta del Finale III Ah! Rolando!... Il ciel ne attesto (Arrigo, Lida) Scena X
Acto IV [editar]
- 9 Preghiera
- Coro Deus meus, pone illos ut rotam (Coro interno) Scena I
- Preghiera O tu che dèsti il fulmine (Popolo, Lida) Scena I
- 10 Finale ultimo
- Scena Popol, gioisci! (Secondo console, Imelda, Lida) Scena II
- Inno di vittoria Dall'Alpi a Cariddi (Coro, Imelda, Lida) Scena II
- Scena Qual mesto suon! (Lida, Imelda, Popolo, Arrigo) Scena II
- Terzettino Per la salvata Italia... (Arrigo, Lida, Rolando, Coro) Scena III-IV
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||