The King's Speech
| O discurso do rei | |
|---|---|
| Título orixinal | The King's Speech |
| Ficha técnica | |
| Director | Tom Hooper |
| Produtor | Iain Canning Emile Sherman Gareth Unwin |
| Guión | David Seidler |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Colin Firth Helena Bonham Carter Geoffrey Rush Michael Gambon Guy Pearce Timothy Spall Derek Jacobi Eve Best |
| Música | Alexandre Desplat |
| Fotografía | Danny Cohen |
| Montaxe | Tariq Anwar |
| Estudio | UK Film Council See-Saw Films Bedlam Productions |
| Distribuidor | Transmission (Australia) Momentum Pictures (Reino Unido) The Weinstein Company (Estados Unidos) |
| Ano | 2010 |
| Duración | 118 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama Histórico |
| Orzamento | $15.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The King's Speech é un filme británico de drama histórico dirixido por Tom Hooper que foi estrada en 2010.
Índice |
Argumento [editar]
Cando o rei Xurxo V (Michael Gambon) falece, o seu fillo Eduardo (Guy Pearce) pasa a ocupar o trono como Eduardo VIII. Eduardo tiña unha relación amorosa con Wallis Simpson, unha americana divorciada, pero non foi aceptada pola familia real, e cando manifestou a súa intención de casarse coa Mrs. Simpson é rexeitado polo Primeiro ministro Stanley Baldwin. Entón Eduardo VIII toma unha decisión drástica, en decembro do mesmo ano, abdica, argumentando que non sería capaz de carregar o peso da coroa sen o apoio da muller que amaba. O seu irmán menor Alberto (Colin Firth) converterase no novo rei de Inglaterra como Xurxo VI. Pero ten un problema: é tatexo e falar en público non é doado para el. Por iso, a súa muller Isabel (Helena Bonham Carter) contrata ó excéntrico logopeda Lionel Logue (Geoffrey Rush) para que lle axude. Finalmente, co apoio da súa familia, de Logue e do mesmo Winston Churchill (Timothy Spall), Xurxo VI prepárase para dar un discurso á toda a nación para dicirlles que o Reino Unido lle declara a guerra á Alemaña Nazi de Hitler.
Personaxes [editar]
- Colin Firth como Xurxo VI do Reino Unido.
- Geoffrey Rush como Lionel Logue.
- Helena Bonham Carter como Elizabeth Bowes-Lyon.
- Jennifer Ehle como Myrtle Logue.
- Michael Gambon como Xurxo V do Reino Unido.
- Derek Jacobi como Cosmo Gordon Lang.
- Guy Pearce como Eduardo VIII do Reino Unido.
- Timothy Spall como Winston Churchill.
- Anthony Andrews como Stanley Baldwin
- Eve Best como Wallis Simpsons
- Freya Wilson como aa Sabela II do Reino Unido
- Ramona Marquez como aa Princesa Margarida do Reino Unido
- Claire Bloom como María de Teck
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2010: 4 Oscars: mellor película, director, actor (Colin Firth) e guión. 12 nomeamentos.
- 2010: Globos de Ouro: Mellor actor (Firth). 7 nomeamentos, incluíndo Mellor película drama.
- 2010: 7 Premios BAFTA, incluíndo Mellor filme e actor (Firth). 14 nomeamentos.
- 2010: Premio Goya: Mellor película europea.
- 2010: Festival de Toronto: Mellor película (Premio do Público).
- 2010: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor (Colin Firth).
- 2010: Independent Spirit Awards: Mellor película estranxeira.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en castelán)
- Web oficial (en inglés)