Geoffrey Rush
| Geoffrey Rush | |
|---|---|
Geoffrey Rush no 2011 |
|
| Nacemento | 6 de xullo de 1951 Toowoomba, Queensland, |
| Profesión | Actor (1971–presente) |
| Cónxuxe(s) | Jane Menelaus |
| Fillo(s) | James Rush, Angelica Rush |
| Ficha na IMDb | |
Geoffrey Roy Rush, nado o 6 de xullo de 1951 en Toowoomba, é un actor australiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Rush comezou a actuar na Queensland Theatre Company de Brisbane en 1971, traballando en 17 producións ata o ano 1975 cando foi a París para estudar mimo e pantomima na École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq, de volta a Australia comezou de novo a traballar no QTC, compartindo en 1979 escenario, Waiting for Godot e apartamento con Mel Gibson[1] durante catro meses. En 1981 fixo a súa primeira actuación cinematográfica no filme australiano Hoodwink. En 1996 protagonizou Shine, co que gañou un Óscar ao mellor actor, o primeiro concedido a un actor australiano. Pero Rush é sobre todo famoso por ter interpretado ao capitán Barbossa desde 2002 na serie de filmes Pirates of the Caribbean.
Filmografía [editar]
Notas [editar]
- ↑ Geoffrey Rush biography. Yahoo! Movies.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)