293
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Calendario gregoriano | 293 CCXCIII |
| Ab urbe condita | 1046 |
| Calendario armenio | N/A |
| Calendario chinés | 2989 – 2990 |
| Calendario hebreo | 4053 – 4054 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
348 – 349 215 – 216 3394 – 3395 |
| Calendario persa | 329 BP – 328 BP |
| Calendario musulmán | 339 BH – 338 BH |
| Calendario rúnico | 543 |
Índice |
Acontecementos [editar]
Asia [editar]
- Vahram III sucede Vahram II no trono persa, mais falece en pouco tempo
- Iníciase o reinado de Narseh, xah sasánida de Persia, gobernador de Armenia, apoiado pola nobreza (até 302).
Mundo Mediterráneo [editar]
- 1 de marzo : O emperador Diocleciano nomea dous césares, Galerio e Constancio Cloro, como axudantes dos dous augustos na condución do Imperio romano. Inaugúrase a Tetrarquía.
- O Imperio fica dividido e catro partes : Maximiano goberna Italia, Sicilia e máis África ; Constancio Cloro dirixe a Galia, Hispania e Britania ; Diocleciano goberna Tracia, Asia e máis o Exipto ; Galerio asume Iliria, as provincias danubianas e Acaia. As capitais imperiais establécense nas cercanías das fronteiras : Mediolanum (Milán), Augusta Treverorum (Tréveris), Nicomedia (Izmit) e Sirmium (Sremska Mitrovica).
- O goberno debe renovarse cada vinte anos. Os augustos deixarán o seu posto aos césares e estes deben designar novos césares.
- Constancio Cloro recobra a Galia para o Imperio romano ao vencer o usurpador Carausio.
- Alecto, logo de facer matar a Carausio, tórnase emperador de Britania.
Nacementos [editar]
Mortes [editar]
- Vahram II, xah de Persia.
- Vahram III, xah de Persia por catro meses.
- Carausio, usurpador imperial en Britania e a Galia, asasinado.